Daniel Castro, Carme Aira e Mario Outeiro seguen a Rodil na lista do BNG por Lugo

Consello Nacional do BNG celebrado este sábado. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Consello Nacional do BNG celebrado este sábado. XOÁN REY (EFE)

O Consello Nacional do BNG deu luz verde este sábado ás candidaturas para o 5 de abril, encabezadas polos actuais parlamentarios nacionalistas no Hórreo e con incorporacións como a da exdeputada de En Marea Alexandra Fernández —número 3 de Pontevedra— e a escritora Mercedes Queixas, que ocupa o mesmo posto pola Coruña.

En Lugo, seguen á deputada Olalla Rodil na lista Daniel Castro García —de Ribadeo—, Carme Aira Díaz —secretaria comarcal de CIG-Saúde en Lugo—, Mario Outeiro IgrexasIago Suárez Fernández, de Chantada. 

A candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, encabeza a candidatura pola Coruña; Luís Bará, a de Pontevedra, e Noa Presas, a de Ourense. Ademais, os tamén deputados Xosé Luís Rivas e Montse Prado son os números dous pola Coruña e Pontevedra. O Bloque recupera nas súas listas á exdeputada no Congreso Rosana Pérez, para o cuarto posto pola Coruña.

Pontón asegurou que a configuración das listas presentadas este sábado evidencia unhas "candidaturas de excelencia" conformadas por "un grupo que funciona" pero que hai que "melloralo e enriquecelo" con algunha das incorporacións como a de Alexandra Fernández e que, ao seu xuízo, "dá mostra da capacidade do BNG para seguir sumando".

Así mesmo, o BNG tamén aprobou este sábado o seu programa electoral, que presenta como un "auténtico programa de goberno" para pedir o apoyo de la mayoría social que quiere un "cambio galego".

Pontón asegurou que a proposta coa que concorre o BNG aos comicios é un "programa con solucións e políticas autocentradas, porque sabemos que de nada vale o copia e pega doutros lugares, nin encher páxinas con promesas que no se poidan verificar". Defende así "unha propuesta de gobierno pensada para poñer en marcha unha nova Galicia: unha Galicia produtiva, innovadora, social, feminista, ecoloxista e empoderada".

1. Olalla Rodil Fernández. Ribeira de Piquín. Deputada no Parlamento da Galiza.
2. Daniel Castro García. Ribadeo. Estudante de filoloxía.
3. Carme Aira Díaz. Lugo. Secretaria Comarcal de CIG-Saúde. 
4. Mario Outeiro Igrexas. O Corgo. Traballador do ensino público.
5. Iago Suárez Fernández. Chantada. Estudante de tradución e interpretación.  
6. Rosana Prieto Florines. Pantón. Técnica de turismo. 
7. Míriam Bermúdez. Viveiro. Licenciada en Ciencias da Educación. 
8. Xosé Ferreiro Fernández. Outeiro de Rei. Traballador do ensino. 
9. Mónica Rodríguez. A Pobra do Brollón. Artesá. 
10. Emilio Sánchez Igrexas. Monforte de Lemos. Marmorista. 
11. Iria Castro Fernández. Castroverde. Autónoma no sector da tradución. 
12. Diego Fernández Martínez. Cervo. Estibador portuario. 
13. Mª Asunción Gómez Neira. Carballedo. Traballadora do ensino. 
14. Rubén Arroxo Fernández. Lugo. Tenente de alcalde. 
 
Suplentes: Andrea Martíns Fernández (Ribadeo), Mónica Roca Ares (Guitiriz), Marco López López (Xove), Beatriz Cedrón Vilar (Lugo), Bernardo Valdês Paços (Lugo).

Comentarios