O BNG amosou este xoves o seu apoio ás reivindicacións da comunidade educativa e o pobo do Courel. O obxectivo é "garantir os servizos de transporte escolar ante o novo concurso de Educación cun deseño de rutas elaboradas por unha empresa avalada pola consellería que aboga por paradas e medidas de tempo ficticias, reduce de 6 a 4 as rutas e alonxa aos nenos e nenas dos seus domicilios obrigandóos a permanecer á intemperie ante a falta de marquesiñas".
A deputada nacionalista Carme Aira, afirmou que este plan "somete aos nenos e nenas a longos percorridos, con riscos innecesarios exixindo que os vehículos pasen de un máximo de 9 prazas a microbuses con 25". A parlamentaria preguntou a Román Rodríguez se a consellería é realmente “consciente” das consecuencias ás que serán sometidos os alumnos durante os catro anos do concurso do transporte escolar.
Por outra banda, afirmou que "baixo a escusa de exixencias da Unión Europea e da normativa de contratos do sector público, o PP formalizou uns macrolotes con condicións inasumibles para os actuais prestadores do servizo".
CONCURSO ACTUAL. O grupo nacionalista tamén incidiu na necesidade de manter o tecido socioeconómico da zona.
Carme Aira abogou por empregar os fondos europeos do Plan Feder en iniciativas destinadas ao desenvolvemento "e posta en valor da zona e non para a precarizar, aínda máis, a vida das persoas".