O BNG critica a pasividade da Xunta e do Goberno do Estado ante a crise de Alcoa

Mónica Freire acusou no pleno da Deputación de Lugo a ambos executivos de "botar balóns fora"
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Mónica Freire y Efrén Castro. ARCHIVO

O BNG sacou adiante no pleno telemático da Deputación deste martes unha moción de apoio aos traballadores da factoría de Alcoa San Cibrao e ao persoal das empresas auxiliares, afectado por Ertes tras a decisión da empresa de suspender as tarefas de rebrascaxe das cubas de electrolise.

A iniciativa recolle as demandas que a Plataforma de empresas auxiliares -que aglutina preto dun milleiro de traballadores- trasladou a todos os grupos políticos e insta á Xunta e ao goberno do Estado a actuaren para evitar que “continúe a perda de postos de traballo na factoría sancibrense”.

Na defensa da moción, presentada como proposta de goberno e aprobada por unanimidade, a deputada Mónica Freire manifestou “a solidariedade e apoio do BNG ao persoal que traballa na factoría”, que este martes recibía o anuncio “doutras medidas que afectan ao emprego” por parte da multinacional.

A deputada mariñá advertiu que “a empresa está a seguir a mesma estratexia que coas factorías da Coruña e Avilés" e acusou aos gobernos da Xunta e do Estado de “botar balóns fóra” e “non buscar unha solución”. 

“A perda de actividade en Alcoa non está orixinada polo prezo da enerxía, que coa crise da Covid 19 baixou ata os 20 euros por Kw, senon que é algo premeditado por parte da empresa para deixar morrer a factoría”, argumentou a nacionalista.

“É inexplicable que ante esta situación, e coa crise industrial que soporta Galiza, non houbese unha mobilización das administracións públicas para salvar o emprego. E nisto teñen que estar tanto a Xunta como o goberno central que teñen as competencias e que ata o de agora non foron capaces de buscar unha solución. O que é inútil, e non lles soluciona nada aos traballadores, é botar balóns fóra”, sentenciou a deputada, que lembrou que “o BNG está a defender o emprego na factoría” en todos os foros nos que ten representación, con iniciativas tanto no Parlamento galego como no Congreso dos Deputados

Derrogación da Lei Montoro

O BNG tamén sacou adiante, cos votos do PSdeG, unha moción sobre a elaboración dun plan galego de reactivación económica por parte da Xunta e a derrogación da Lei de estabilidade e sostenibilidade financeira, coñecida como Lei Montoro.

O voceiro do BNG, Efrén Castro, explicou que a normativa, que prioriza o pago da débeda, “foi pensada para rescatar o capital financieiro antes cas persoas, por iso o BNG sempre estivo en contra, pero na situación en que estamos, é aínda máis inxusta”.

“Os recursos públicos bloqueados pola aplicación desta normativa deben estar a disposición dos concellos para que, no marco das súas competencias, poidan desenvolver políticas que contribúan a paliar os efectos da crise da Covid 19”, expuxo o voceiro nacionalista, lembrando que “a Lei foi imposta aos concellos galegos malia que nunca tiveron un problema estrutural de débeda viva”

Axudas directas para autónomos e pemes*

A moción tamén demanda á Xunta un plan de reactivación económica adaptado á situación polo impacto da Covid 19. Efrén Castro reclamou axudas directas para autónomos e pemes por parte da Xunta que, lembrou, “é dos poucos gobernos autónomicos que non aprobou este tipo de axudas”. “Limitáronse a conceder créditos Vostedes sempre mirando polos intereses dos bancos. Por que non inxectan diñeiro no sector público?”, preguntouse o voceiro nacionalista.

Comentarios