Hoxe é o BlogDay ou o que é o mesmo, o día dos blogueiros. Pero que ten de especial este 31 de agosto? Segundo o creador do "Día Internacional do Blog", Nir Ofir, fomentar o intercambio entre 'bloggers' sen fronteiras nin límites. Trátase simplemente de tentar darlle visibilidade a tódolos espazos que hai na rede.
A cousa é moi sinxela, no día de hoxe os blogueiros do mundo enteiro postearán un artigo recomendando a 5 novos blogs. Para que esta iniciativa tivese mellores resultados, o ideal sería que fosen blogs diferentes aos da súa propia cultura ou incluso simplemente con puntos de vista distintos sobre un tema ou cuestión.
A idea é a de descubrir novos blogueiros, de vivir novas experiencias e descubrir numerosos recunchos inexplorados na blogosfera. O "día do Blog" é unha iniciativa que se repite con éxito por terceiro ano consecutivo.
Instrucións para todo bo blogueiro:
- Atopar 5 novos blogs que ti consideres interesantes.
- Informar aos autores do blog selecionado da túa recomendación para o BlogDay.
- Redactar unha pequena descrición do achado e enlazalo.
- Publicar unha entrada o 31 de agosto, o BlogDay, mencionando os 5 blogs que ti recomendas.
- Engadirlle o tag BlogDay de Technorati a
http://technorati.com/tag/BlogDay2007 e un enlace ao web site BlogDay http://www.blogday.org/es