Bieito Rubido e Julia Otero, dous galegos con protagonismo en TVE

El di que ninguén falou con el, pero Bieito Rubido soa para presidir RTVE, dado que é do agrado de Rajoy. Pero o director de ABC non é o único candidato... E tamén se fala moito de Julia Otero, por razóns diferentes. Está sendo criticada pola pasta gansa que cobrará polo seu programa de entrevistas en TVE.

Periodistas árabes premian a Ghaleb J. Martínez, director do Festival Amal
Tal como recollía onte El Correo Gallego, a princesa Letizia foi a encargada de entregarlle a Ghaleb Jaber Martínez, director do Festival Amal de cine, o premio que lle concedeu a Asociación de Periodistas e Escritores Árabes en España. Foi no transcurso dunha gala celebrada en Madrid.

Rueda, Hernández e Feijóo, os que máis quilómetros lle fan ao coche
Polo que gastan en combustible os coches oficiais, sabemos que Alfonso Rueda, Agustín Hernández, Alberto Núñez Feijóo e Javier Guerra son os que máis quilómetros fan ao ano. Esta é unha das conclusións do maratoniano debate de 8 horas que tiveron no Hórreo Lage Tuñas (PSOE) e un alto cargo da Xunta.

Comentarios