Imprimir

Os bebés nados en Lugo, Monforte e Cervo, socios desde o berce

Efe | 18 de diciembre de 2018

O Xerente da EOXI, Ramón Ares, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués. CD LUGO
O Xerente da EOXI, Ramón Ares, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués. CD LUGO

O club fará entrega o vindeiro ano do carné de abonado biberón aos pequenos nados nestes complexos sanitarios ► Os proxenitores recibirán dúas entradas para o Anxo Carro e un agasallo para os pequenos

O CD Lugo anunciou este martes que obsequiará aos nados en 2019 cun carné de abonado biberón, un documento co que lles dará a benvida á familia branquivermella.

O club lucense e o órgano de xestión do sistema de saúde público asinaron un convenio de colaboración, que incluirá aos bebés nados nos complexos sanitarios de Lugo, Monforte de Lemos e Cervo.

Ademais do carné de abonado do recentemente nado, os seus proxenitores recibirán unha carta de felicitación, dúas entradas para que poidan acudir ao estadio Anxo Carro a presenciar un partido do equipo e un agasallo para o bebé que poderán recoller na tenda oficial.

Ademais, o club fará unha entrega especial de forma presencial de todos os agasallos no caso do primeiro bebé nado nun do tres mencionados centros médicos da provincia lucense.

O presidente do CD Lugo, Tino Saqués, destacou que "para unha entidade deportiva non hai nada máis importante que xerar sentimento de pertenza entre a comunidade e os individuos que a conforman". "Ademais da nosa actividade profesional, na nosa filosofía diaria esta devolver á sociedade en forma de valores e boas prácticas todo o que nos achega", dixo.

Saqués: Non hai nada máis importante que xerar sentimento de pertenza entre a comunidade e os individuos que a conforman

Saqués augurou que este acordo "será de gran axuda para seguir sumando efectivos" á familia branquivermella "desde o berce".

"É unha maneira de poder contaxiar a paixón branquivermella desde ben pronto para que as novas xeracións sintan o equipo da cidade aínda máis preto", comentou o dirixente do Lugo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deporte-local-lugo/bebes-nados-lugo-monforte-cervo-poderan-asociarse-ao-lugo-berce/201812181640201350101.html


© 2019 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)