A Banda Municipal de Lugo encheu este sábado a praza de Santa María despois de tres anos sen tocar no San Froilán. Baixo o título Dende a Terra cara a Emigración, a banda tocou músicas galegas e dos países que goreceron aos nosos. Unha viaxe polos ritmos, melodías, aires e bailes de Galiza, Cuba, Venezuela...
Dende a Terra cara a Emigración estivo dividido en dúas partes. Comezou con Da Terra, onde se interpretaron Lugo Ferrol, de Gregorio Baudot, Andante, Sinfonía Nº 2 Nas montañas de Galiza, de Andrés Gaos con arranxo de Hernán Naval e A Lenda de Montelongo de Bernardo del Río.
Dentro do bloque Da Emigración, a banda comezou interpretando Abertura Cubana, de George Gershwin con arranxos de Martin Koekelkoren, Amapola, de José M. Lacalle, Joropo, de Moisés Moleiro e Sing, Sing, Sing, de Louis Palma, todas estas con arranxos de Naohiro Iwai.