O auditorio de Vilalba encheuse este venres por completo para o espectáculo Somos criminais, de Xosé Touriñán e Carlos Blanco.
O éxito da convocatoria foi tal que os creadores da representación víronse obrigados a facer dous pases.
Aínda así, tanto para a función das 21.00 horas como para a das 23.00 horas, as entradas xa se esgotaron hai moitas semanas.