Atalaya pospón a función en Lugo de 'Rey Lear' ao 27 de maio por razóns médicas

A representación deste sábado de 'Rey Lear', a cargo de Atalaya Teatro no auditorio Gustavo Freire de Lugo, quedou posposta por razóns médicas acreditadas pola compañía. A función, por este motivo, trasládase ao 27 de maio, facendo a función no mesmo lugar e á mesma hora (no auditorio municipal Gustavo Freire, ás 20.30 horas).

'Rey Lear', protagonizada por Carmen Gallardo no papel de Lear, está enmarcado dentro do programa de 'Artes Escénicas'.

O Concello anunciou que lamenta as molestias ocasionadas e agarda que a cidadanía goce da representación na nova data proposta. As entradas xa adquiridas terán plena validez para a nova función.

Comentarios