Imprimir

Atacar a fraude para afrouxar o cinto

Tito Diéguez | 07 de junio de 2013

MATAR dous paxaros dun tiro. Iso é o que se conseguiría cunha persecución implacable da fraude fiscal. Porque investindo neste campo, conseguiríase por un lado incrementar o emprego, porque sería imprescindible a contratación de traballadores para esta función, e por outro sumar grosos recursos públicos que deberían axudar a ir afrouxando un pouco o cinto do déficit que nos encorseta ata case non deixarnos respirar. Segundo os expertos, a fraude concéntrase en grandes grupos empresariais, en empresas transnacionais e en grandes fortunas persoais. Pois partindo disto, xa se sabe por onde empezar a tarefa, a non ser que se caia na ineficiencia. Porque quen está pagando principalmente a crise é a clase media, sobre a que se ceba o desemprego e na que no mellor dos casos lle aplicaron unha tallada de campionato, e isto axudaría a aliviala de tantos anos de aperturas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/atacar-fraude-para-afrouxar-o-cinto/20130607232600279366.html


© 2019 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)