Artistas por un día, estudiantes de por vida

Asistentes ao obradorio (Foto: C.P.)
photo_camera Asistentes ao obradorio (Foto: C.P.)

Nunca é tarde para aprender. Iso é o que demostran día tras día e clase tras clase os alumnos e as alumnas da Uned Sénior de Eume e Terra Chá, que veñen de embarcarse nunha nova aventura formativa coa iniciativa ‘Artistas por un día’.

A proposta é sinxela. Aprender o máis básico dun oficio nunha xornada de convivencia. O elexido foi o traballo co coiro e, primeiro en Paderne e logo en Xermade, estes veteranos estudantes aplicaron a súa experencia vital á elaboración de pezas sinxelas, como carteiras e chaveiros.

FIN DE CURSO
Viaxe a Lourdes e a Andorra

A Uned Sénior organiza unha viaxe de fin de curso a Lourdes e a Andorra, que se desenvolverá do 8 ao 11 de xullo, á que se poden apuntar todos os interesados en participar. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios