Javier Arias, delegado territorial de Lugo, mantivo este venres unha xuntanza co alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, para valorar algúns dos proxectos que leva a cabo a Xunta no municipio e as posibles liñas de colaboración futuras para continuar impulsando o seu desenvolvemento socioeconómico.
Ambos consideran un avance importante o acordo para a redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que sufragará integramente a Consellería do Medio Rural.
As normas urbanísticas, sinalou Arias, “son a base imprescindible para asentar un crecemento sostible e seguro, que mellore os servizos aos cidadáns e facilite o asentamento de empresas”.