A área de Participación do Concello de Lugo reforzará o persoal do cemiterio municipal

Cristina López afirmou que se traballa "para garantir que a veciñanza teña acceso a servizos públicos e de calidade”
Un entierro celebrado en el cementerio de San Froilán a finales de marzo. AEP
photo_camera Un enterro celebrado no cemiterio de San Froilán. AEP

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou que a Xunta de Goberno deste mércores aprobou o reforzo de persoal no cemiterio municipal de San Froilán. “Trátase dunha acción importante para reforzar un servizo público, neste caso, nun dos poucos cemiterios de xestión totalmente pública do Estado”, afirmou Cristina López.

A edil de Participación explicou que “desde a nosa chegada ao goberno tratamos, desde que chegamos ao goberno, de mellorar as instalacións e os medios desta instalación, que é referencial a nivel estatal e internacional”, e lembrou “as distintas actuacións de mellora levadas a cabo durante o 2020, que serviron para mellorar o estado desta instalación, que forma parte da Ruta de Cemiterios Históricos Europeos”.

As áreas de Participación e de Persoal traballan conxuntamente para que o cemiterio municipal conte cos recursos humanos necesarios. “Desde o Goberno Municipal traballamos para garantir que a veciñanza teña acceso a servizos públicos e de calidade”, sentenciou Cristina López.

Comentarios