La app que optimiza parcelas rurales ya puede descargarse

Smartwood ayuda a localizar las fincas y evaluar cuál es su mejor destino, qué trabajos precisa, quién puede hacerlos y por cuánto

Aplicación
photo_camera Funciones de una aplicación. EP

A aplicación Smartwood xa está "a pleno rendemento", segundo manifestaron os seus creadores, os emprendedores de Aleutos S.L., que recordan que xa está lista para a súa descarga gratuíta en Google Play.

Trátase dunha plataforma, con datos actualmente para Galicia, cuxo software permite localizar as parcelas rurais e a súa optimización avaliando cal pode ser o mellor destino das mesmas, traballos necesarios, cultivos máis adecuados e, o máis importante, a quen, como, cando e por canto se poden encargar traballos nelas. Todo iso de forma rápida, desde calquera lugar e a través do propio móbil.

"Pretendemos que con Smartwood o propietario teña centralizado e no seu teléfono todos os datos que necesita para manter produtiva a súa parcela, desde saber onde se atopa localizándoa no mapa, ata saber que plantar, cal será o seu custo e que poida contratar todos os traballos necesarios dunha forma cómoda e rápida", sinalan os seus creadores.

Con este proceso búscase "reducir quebradeiros de cabeza aos propietarios e aumentar o número de parcelas que pasan de estar nun grave risco de abandono a ser aproveitables con producións agrícolas e forestais rendibles".

Smartwood permite, tanto a propietarios como xestores de parcelas forestais, coñecer as especies que está permitido plantar nas súas parcelas segundo a normativa vixente. O proceso é moi sinxelo: simplemente introducindo a referencia catastral ou localizando a parcela a través da vista de mapa, obtense a listaxe de especies forestais permitidas nesa localización, así como as distancias de protección que deben deixar en función da zona na que se atopan, ou se é preciso solicitar algún tipo de permiso previo.

Comentarios