A alcaldesa de Lugo cre que a reflexión sobre as eleccións debe ser "conxunta"

O PSdeG reúne este xoves á súa executiva para analizar o resultado dos comicios
Lara Méndez. EP
photo_camera Lara Méndez. EP
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considerou que o Partido Socialista debe de facer unha "reflexión conxunta" e non "unha valoración persoal" dos resultados rexistrados nas eleccións autonómicas do pasado domingo. 

En concreto, nestes comicios, o PSdeG obtivo 15 escanos (un deles, pola provincia de Pontevedra, pendente do reconto do voto exterior xa que os populares están a 45 votos de poder facerse con el), un resultado que deixou aos socialista como terceira forza

Precisamente, na xornada na que o PSdeG reúne en Santiago de Compostela á súa executiva para analizar o resultado dos comicios, a rexedora socialista asegurou que os órganos "internos" do partido están para "debater as cousas" e que o que se debe de facer neste momento é "escoitar as conclusións" que se poden achegar. 

"Seguiremos co debate e a reflexión", manifestou Lara Méndez, que insistiu en que do que se trata é de "facer unha reflexión" para "reconstruír o proxecto".