O alcalde do Saviñao confirma que "a residencia está libre de coronavirus"

O centro Asdeme de Chantada e a Residencia Nosa Señora do Carme de Sober anuncian, tamén, que os seus empregados e usuarios deron negativo nas probas 
Personal de la residencia de O Saviñao
photo_camera Personal da residencia do Saviñao xunto co material que recibiron para loitar contra o coronavirus.

"Tanto os residentes coma os traballadores da residencia do Saviñao e da residencia deron negativo nas probas PCR realizas polo Sergas para detectar o Covid-19”. Así o confirma o alcalde do Concello do Saviñao, Carlos Armesto, que considera que se trata “dunha boa nova para o municipio” que o centro da terceira idade do concello "se atope libre de coronavirus". 

A través dunha nota de prensa saliéntase o agradecemento do alcald á Xunta de Galicia por ter realizado estas probas de diagnóstico directo que "aportan tranquilidad a unha das comunidades máis vulnerables ante o Covid-19". O rexedor local tamén quixo poñer en valor "o valioso material de protección que o goberno galego ten doado tanto ao Concello coma ás vivendas comunitarias do noso termo municipal. Os EPIs son fundamentais para minimizar o risco de contaxio". 

Armesto ampliou tamén o seu agradecemento aos profesionais que coidan día a día dos nosos maiores, así coma ao resto de traballadores de distintos sectores -sanitarios, farmacéuticos, limpadoras, dependentes de tendas alimentarias, transportistas, forzas de seguridade e gandeiros- que continúan a desenvolver, neste momento, actividades esenciais.

Con todo, Carlos Armesto quixo recordar a todos os veciños e veciñas "a necesidade de continuar a respectar as medidas de prevención recomendadas polas autoridades sanitarias" e asegura que "desde o Concello seguimos traballando para paliar os efectos desta crise sanitaria".

CHANTADA E SOBER.  Ao igual que na residencia do Saviñao, os traballadores e usuarios do centro Asdeme en Chantada rexistraron un pleno de negativos tras ser sometidos ás probas. En idéntica situación se atopan na residencia Nosa Señora do Carme de Sober, que anunciaron a boa nova a través das redes sociais.

Comentarios