Agora corremos porque nos afecta

A DIFERENCIA está no mesmo de sempre, nos cartos. Entre a pobreza e a riqueza e entre destinar fondos para investigar ou detraelos están a vida e a morte. En África o ébola transmítese con rapidez pola carencia nas infraestruturas, mentres que nos países desenvolvidos é difícil a propagación porque os estados están preparados para conter estas infeccións; ao sur do Mediterráneo levan décadas sufrindo epidemias como a do ébola, pero ao norte deste mar ou ao oeste do Atlántico apenas se investiga aínda que mingüen poboacións africanas, pero cambia cando chega aos seus territorios. Pasou coa sida, ocorre co ébola e sucederá con calquera outra pandemia, mentres estea contida no continente pobre o único que fan os países ricos é enviar, a través de ONG, persoal que axude a atenuar o problema, pero nunca a resolvelo. Non interesa solucionalo mentres non vaia con nós. Logo corremos.

Comentarios