Adxudicadas as obras de rehabilitación do CEIP de Melide nº1 por máis de 850.000 euros

Os traballos contarán cun prazo de execución de tres meses
Ceip Melide número 1. ARCHIVO
photo_camera Ceip Melide número 1. GOOGLE MAPS

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou a adxudicación das obras de rehabilitación integral do CEIP de Melide nº1, por un montante de 856.660,70 euros, que se compatibilizarán a partir de setembro co curso académico e contarán cun prazo de execución de tres meses. 

As actuacións incidirán na mellora da eficiencia enerxética do centro mediante a substitución da cuberta na zona de comedor e deportiva, ademais do illamento das fachadas polo exterior e a renovación das xanelas e luminarias LED. 
Tamén se mellorará a accesibilidade ao centro mediante a instalación dun ascensor exterior que comunicará todas as plantas e unha rampla en planta baixa no acceso principal ao edificio e outra no interior do soto que conectará o ximnasio co acceso ao ascensor, ademais de novas aulas. 

Comentarios