Opinión

Acordos para mirar a Europa

Cinco acordos son os que leva alcanzado este Goberno cos axentes sociais, a unha media cercana a un por mes, desde que tomou posesión a principios deste ano. O primeiro foi o do salario mínimo interprofesional, ao que seguiron, xa na crise sanitaria, o dos expedientes de regulación temporal de emprego e as súas prórrogas, dúas. E iso que á fronte do Ministerio de Traballo está unha muller de ascendencia comunista á que en principio repudiaba a parte empresarial, se ben ao fin aceptou pactos tamén subscritos cos sindicatos. Esta unidade parecía rota cando se anunciou o acordo con Bildu para derrogar a reforma laboral, pero reconduciuse para un novo concerto de cara un crecemento máis sostible e inclusivo que agora o presidente paseará por Europa para conseguir mellores resultados nunha negociación encamiñada á reconstrución imprescindible neste cambio económico. É unha boa alforxa, a da unidade goberno-empresariossindicatos, para o acordo.

Comentarios