A Semana das Letras e a Lectura enche Sarria de actividades

A iniciativa da concellaría de cultura ofrece contacontos para nenos, exposicións e obradoiros de manga e escrita

Encuentro en Sarria con la escritora Ledicia Costas. EP
photo_camera Encontro coa escritora Ledicia Costas. EP

Os alumnos dos colexios de Sarria e ducias de adultos están a participar na Semana das Letras e a Lectura, unha iniciativa da concellaría de cultura que oferta dende contacontos ata exposicións e obradoiros para nenos e maiores.

O autor sarriao Manuel Darriba impartiu un taller de escrita e Idoia de Luxán outro de manga. Os escolares sarriaos recibiron tamén a visita da escritora Ledicia Costas e gozaron cos contacontos de Anxo Moure, Saleta Fernández e Polo Correo do Vento.

Taller para niños dentro de la Semana das Letras de Sarria. EP

Na mañá deste xoves houbo un contacontos e un obradoiro creativo a partir da obra A Brétema de María Victoria Moreno. As actividades continuarán durante toda a semana.

Segundo a concelleira de cultura e igualdadeManuel Darriba imparte un taller de escritura en Sarria. EP, Mónica López, o obxectivo é "iniciar un camiño que consolide esta iniciativa como unha cita anual arredor da literatura infantil e xuvenil".

Comentarios