O 17° Ribeira Sacra Festival 2020 pecha unha edición heroica

A cita musical consolídase como unha das poucas que se celebraron este ano a nivel nacional
17º Ribeira Sacra Festival. JAVIER ROSA
photo_camera 17º Ribeira Sacra Festival. JAVIER ROSA

Remata o 17º Ribeira Sacra Festival, unha proposta cultural que vai máis aló do musical. Durante o evento, todos os asistentes poideron desfrutar das espectaculares vistas, o viño e o patrimonio da comarca lucense.

Nesta cuarta edición acadouse un enorme impacto no territorio, incrementando o turismo rural e consolidando a Ribeira Sacra coma un destino seguro en tempos de pandemia. Todo isto constitúe un importante apoio para a candidatura do territorio a Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2021.

O modelo económico do 17º Ribeira Sacra Festival caracterízase por ser circular, de este xeito fomenta a economía local mentres coida do medio ambiente, ademais, debido á Covid-19, este ano levouse a cabo un escrupuloso protocolo de seguridade e medidas sanitarias elaborado polos mais de 70 profesionais co que contou a cita musical.

Durante os 3 días que dura o evento, 350 persoas disfrutaron de artistas coma Xoel López, Ele, Guadi Galego ou María Yfeu, todos eles dentro do cartel que por un lado apoia aos músicos galegos, pero tamén conta con nomes internacionais como Cassete Pirata.

Gastronomía
Unha seña de identidade do 17º Ribeira Sacra Festial é o protagonismo da gastronomía. Álvaro Villasante do Restaurante Paprica, achegou aos asistentes unha suculenta fusión entre produto local e sensacións festivaleiras que tivo como resultado os seus petiscos gourmet.

Comentarios