miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Puede consultar la última entrada en el blog haciendo click aquí.

Disculpen las molestias.

Edificios cunha segunda vida

Lugo acumula exemplos de sedes públicas recuperadas mentres outras agardan un futuro
Turbinas da vella fábrica da luz que ían ser musealizadas. SABELA FREIRE
Turbinas da vella fábrica da luz que ían ser musealizadas. SABELA FREIRE

PASO DE CANDO EN VEZ xunto á vella fábrica da luz e pregúntome que sería hoxe se tivese frutificado o proxecto de recuperación das instalacións e se puidese facer un alto no camiño polo paseo do Miño para visitar o que ía ser un museo da enerxía hidroeléctrica. A controvertida adxudicación do contrato para recuperar o uso, os problemas cos permisos e unha reclamación xudicial que acabou co pago da millonaria indemnización ten paralizada de momento a intención de darlle unha segunda vida a este edificio público.

Non é o único exemplo de desaproveitamento do patrimonio inmobiliario na cidade, sendo o máis vergoñento o antigo cuartel de San Fernando, que xa foi vestido de auditorio, museo da romanización e parador de turismo, pero que segue espido mentres se lle deseñan novos traxes. Igual ocorre coa nave do matadoiro municipal, coas vellas estacións depuradora e potabilizadora e, se nos poñemos a pensar, ata co novo auditorio, que igual ata se lle busca un novo uso antes de que se estree, como xa se ten feito con MIHL, que pasou de museo interactivo a salón de actos vangardista.

Pero tamén é certo que se hai que facer balance da recuperación de edificios públicos en Lugo, habería que poñer no outro prato da balanza un bo número de exemplos polos que se debe felicitar non só ao Concello, senón tamén ao resto de administracións.

A compra da antiga Frigsa para convertela nun parque con instalacións culturais, deportivas e de servizos foi seguramente a mellor iniciativa municipal dos últimos 50 anos en Lugo, xunto co acordo para conseguir o cuartel de Garabolos ou a rehabilitación do seminario menor para convertelo en edificio administrativo. Nestes anos tamén se recuperou para centro social e escola de música o edificio do Mercado de Quiroga Ballesteros e ultimamente tamén o vello cárcere como centro cultural, un proxecto aínda sen rematar, xa que a cafetería miradoiro segue pechada.

A Xunta, pola súa banda, ten recuperado nas últimas décadas varios edificios na cidade, aínda que en moitos casos recorreu á piqueta para reutilizar só os soares. É o caso da escola de peritos, para facer os conservatorios; da escola de empresariais, para levantar os novos xulgados; do convento das salesas na Ronda, para edificar o multiusos, e, na actualidade, do vello hospital xeral, onde se está a facer unha residencia de maiores. Neste último caso, a Xunta si aproveitou o pavillón materno infantil para o futuro Centro Integral de Saúde, que prevé abrir este ano.

Pola súa banda, a Deputación Provincial ten impulsado varias reutilizacións de edificios públicos como o antigo fogar de Santa María, que acolle o Centrad e, dende hai uns meses, oficinas administrativas. Tamén cedeu a Aspnais o vello hospital de San José, convertido agora en residencia, e impulsou a conversión do vello hotel Miño na sede lucense da Uned. Ademais, un proxecto de edificio fallido como foi a gardería do campus vaise converter en sede da asociación Raiolas.

Finalmente o Goberno central, ademais de ter vendido instalacións militares ao Concello, neste século ten readaptado o edificio do Banco de España como sede do Catastro.

Edificios cunha segunda vida
Comentarios