Blog

Cos ollos pechados

Moitas veces escoitamos expresións que dalgún xeito non entendemos e outras deixámonos levar por aquilo do que dirán. É ben certo, diría alguén cos ollos pechados. Poucas veces aterbamos cando miramos polo ollo da agulla ou da fechadura, pois nalgún intre cerramos un ollo e eu pregunto para que. O cazador, no momento do disparo, tamén fecha e non por iso deixa de capturar a peza. Uff!, a veces erra o disparo e non pasa nada. As patacas da semente, o queixo… morren cos ollos fechados e non por iso decimos que temos que andar cos ollos abertos porque non son xente na que confiar. Si, xente de bo ver, de véxote ben e de palabrería que nun anaco bótalle o ollo á miña chaqueta e lévama. Era certo. Eu estaba cos ollos fechados e alguén traballa con eles abertos. Moitas veces nesas condicións aceptámolo sen decir amén. O camareiro acertou dicindo que foi nun abrir e fechar de ollos. A resposta non é mala, mais por iso non é menciña acertada. O meu amigo quedo sen as chaves do coche, aínda que non tiña danado o santo do ollo. Non lle diremos nada por aquilo do mal de ollo, comenta. Todo ten un apaño nesta sociedade, comentei cun amigo. Si, é certo, comentou polo baixo, as tendas aínda non pecharon . O perxudicado polo baixiño engadiu: "Ten bo ollo para o peixe". Só falta a cana e a miñoca. Todo isto vén a conto, estando mercando lotaría do Nadal, cando un rapaz con estudos comentoulle a lotera: "Déame un número que non teña o catro (meigallo chino) mentres eu pecho os ollos". A miña curiosidade sempre a levei conmigo e espeteille:"A lotaría non se pode comprar cos ollos abertos?". A resposta non se deixou esperar. Era un rapaz culto e sen traballo e despois de comentar de onde es… faloume de libro de Neira Vilas. Decateime que se refería a 'Camiño longo, esperando o leiteiro'. Non falarei del, pois o mellor é lelo. Esta historia fermosa e arrepiante está ao noso carón e cando rematemos a lectura comentaremos aquilo de que "hoxe non estou cos ollos pechados ou fechados". É o mesmo, verdade?

 

Comentarios