Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Nestes tempos de andar ás présas, palabras cociñadas devagar.

A casa polo tellado

Levo días dándolle voltas á lei que igualaráo permiso de paternidade ó de maternidade e sinceramente, aquí hai algo que non encaixa

Instalacións dunha escola infantil. ADP
Instalacións dunha escola infantil. ADP

CANDO fun nai por vez primeira vivín a volta ó traballo baixo unha chuvia de medos descoñecidos. Ía descontando os días coa pantasma da anguria asomando tralas portas. 112 días despois, parecíame imposible que o meu bebé sobrevivise lonxe do meu colo. Na casa aprendemos a facer xogos malabares coas horas do día, cos traballos e as tarefas pendentes. Co tempo aprendín que non pasaba nada se non estabamos pegadas as 24 horas, que a pequena respiraba igual —e eu tamén—. A sensación de abandono asaltábame cada vez que deixaba o meu bebé nos brazos
dunha coidadora repentina co meu segundo fillo. Conxugamos o verbo conciliar de novo como puidemos e compensamos as horas que nos faltaban roubándollas ó sono. Estudabamos de noite, cociñabamos de noite ou adiantabamos traballo na madrugada. A nosa aposta foi estirar a lactancia e atrasar de novo a entrada na escola infantil. Había outras fórmulas. Nós escollemos esta. Compaxinar unha familia numerosa con dúas vidas laborais nesta sociedade con escaseza de nenos xa foi de broma. A miña pequeniña entrou na gardería con cinco meses. Cada vez que a deixaba alí algo rachaba dentro de min. Logo volvía buscala coa culpa agarrada ás pernas e enchíaa de bicos, revisaba o seu corpiño, preguntaba se durmira, se chorara... Tiven que escoitar de todo. Eu fora quen decidira ser nai.

Vivo a miña profesión case coa mesma paixón que a maternidade, pero se me chegan a preguntar tras cada parto se 16 semanas son  suficien+

altar.

Coñezo a nais estupendas para as que recuperar a vida laboral e social canto antes foi prioritario trala maternidade. A outras que de ter a oportunidade estarricarían todo o tempo do mundo ó carón dos seus fillos. E logo estamos as que non queremos renunciar a nada. E é igual de lexítimo e entendible en todos os casos. O problema é que non podemos escoller.

Antes de ser nai escribín sobre as grandes diferenzas nos permisos de maternidade en Europa baseándome en testemuños doutras nais. Agora contaremos cos permisos paternais máis longos. Eu non son quen de cuantificar o tempo idóneo, pero coido que é preciso e xusto que poidamos elixir alomenos sobre un tempo non só establecido en base á nosa produtividade como traballadoras, senón tamén nas necesidades das familias e na defensa das nais.

Logo está o asunto de igualar a baixa de paternidade á de maternidade. Persoalmente avogo pola corresponsabilidade. De non ser así nunca podería ter sido nai de familia numerosa e xornalista a un tempo. E creo na igualdade de dereitos e oportunidades. Sempre. Zanxado o debate. Pero, que tal se primeiro colocamos os alicerces para crear unha lei que en verdade protexa ás familias, que ofreza respostas realistas e defenda as nais e logo falamos?

A casa polo tellado
Comentarios