Blog | A lume maino

Unha app para Víctor

Estudantes de Telecomunicacións gañan un premio polo seu proxecto Learn for Down

SUSANA DESFAISE en eloxios cara o seu irmán pequeno. "Víctor -conta- es un crack». Inquedo e alegre, encántalle xogar. Le e escribe. E monta a cabalo, aínda que o que máis lle gusta é correr. Gústalle visitar a librería dos seus padriños en Lugo. Víctor é un cativo de once anos ó que lle diagnosticaron ó nacer unha trisomía do cromosoma 21.

"Mis amigos flipan. Cuando le conocen dicen que no se imaginaban que fuera tan espabilado», di a súa maior fan, a súa irmá maior. "La gente no sabe mucho qué quiere decir síndrome de Down», engade esta moza, estudante de cuarto curso de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Susana e cinco compañeiros máis do Laboratorio de Proxectos veñen de gañar o segundo premio nacional do certame Hack for Good tras deseñar unha app tan especial como o seu irmán. É o segundo galardón que acada este grupo de futuros enxeñeiros co seu proxecto Learn for Down, un sistema de lectoescritura para persoas con síndrome de Down. Para desenvolvela reúnense a miúdo coa asociación que traballa con este colectivo na Coruña, onde lles indican os métodos de ensinanza máis axeitados para os rapaces e van probando con eles os seus avances.

"Veía que mi hermano nunca trabajaba con aplicaciones y consulté en la asociación por qué. Me comentaron que las app tenían algunos fallos. Al estar diseñadas por personas que no trabajan con síndrome de Down no se daban cuenta de que los estresaban mucho», relata Susana. Non é que non haxa app específicas no mercado, é que, asegura a estudante da Uvigo, todas teñen algún erro importante. "Son pequeños detalles, pero a ellos les complica mucho su uso».

"Con los niños con síndrome de Down hace falta paciencia y conocimiento. En los colegios eso es muy importante"

Susana Díaz Toubes, Cristina González Escudeiro, Juan Fernández Otero, Francisco García Vázquez, Álex Fernández Ferreira e Aarón Diéguez asinan esta proposta innovadora. Learn for Down é un sistema que inclúe páxina web e táboa de xogos e, o máis importante, que ten en conta a realidade dos usuarios ós que vai dirixido. Algo que Susana coñece moi ben. "En la app lo que hacemos es trabajar en bloques y por niveles. Como muchas aplicaciones son aburridas incluimos un sistema de gamificación mediante el que los niños van obteniendo estrellitas cuando van ganando y luego se canjean. Así evitamos que se aburran».

A app inclúe botóns luminosos que permiten ós nenos entrar e saír facilmente dela e incorpora unha táboa de xogos con teclado, joystick e botóns, para facela aínda máis divertida e favorecer a psicomotricidade fina. Os estudantes traballan agora en mellorar o sistema para que coñeza ó usuario, de forma que detecte as imaxes que máis o motivan e lle amose aquelas que funcionen mellor.

Os creadores deste proxecto pensan tamén nos pais e profesores dos nenos. Así, na páxina web asociada van almacenando o avance de cada cativo, que fixo o neno cada vez que se conectou, ata onde chegou, onde fallou... "Queremos solventar los problemas de comunicación que hai entre padres y colegios», di Susana. "Mi madre siempre se queja de eso», explica. Desta forma, os pais poden ter información actualizada dos progresos de cada neno, saben onde quedou o día anterior e que precisa repasar.

"A mi hermano a veces lo tratan como si fuera tonto y eso no le favorece mucho, porque no lo es. Pero hay que saber cómo tratarlo. Hace falta paciencia y conocimiento. En los colegios eso es muy importante. Y hacen falta muchas más charlas para que el resto de la gente sepa de lo que hablamos», conclúe Susana, que pensa seguir traballando para poñer a tecnoloxía ó servizo do seu irmán.

Sendo unha nena escoitei ós meus pais falar dunha parella que choraba cada vez que lle preguntaban pola súa pequena que acababa de nacer. Eu non entendía por que os maiores baixaban a voz cando falaban de María e empregaban certo ton magoado, se era unha boneca preciosa de ollos azuis e pel branca como a neve.

Lembro tamén cando, anos despois, souben que a miña amiga Eva fora madriña e a chamei para felicitala. Tardei en atopar resposta. Coido que a familia non precisou moito tempo para comprender que tiveran un neno moi especial, tan especial que desborda enerxía non para dous pais e catro avós, senón para o dobre, e tiña e ten bicos e risos para repartir a esgalla. Que toca a percusión e é un auténtico campión de atletismo. Que se enfada cando o fan estudar pero pásalle axiña. Que ten unha irmá que o adora e agora tamén ten unha app que a súa maior fan ideou para el.

Comentarios