Blog | Fan Zone

Mal de altura

Cando os españois chegaron a México atoparon o millo. Non o procesaron como se debía e comezaron a parecer o que os aztecas bautizaron como "vinganza de Moctezuma", o seu desposuído emperador. Co paso do tempo e por extensión pasouse a coñecer con ese nome aos problemas estomacais e malestares que provoca a visita a aquel país, caracterizado pola altura á que se atopan as súas cidades. A súa incidencia tivo xa na historia do deporte, que lle pregunten a Gordon Banks e Peter Bonetti.

Esta fin de semana descubrimos que o Breo ten algúns síntomas de mal de altura sen viaxar ao país de Gustavo Ayón. "De súpeto" apareceu un cruyffiano entorno que semella non axudar a xogadores e corpo técnico a acadar o obxectivo do ascenso. Poño entre aspas a expresión temporal porque Lugo é a única cidade LEB que tivo, ten e terá entorno, polo cal a ninguén debería coller por sorpresa ese feito.

Se fago un esforzo podo comprender a liña de pensamento de Natxo Lezkano na súa rolda de prensa posterior á derrota fronte ao Chocolates Trapa Palencia. Pero hai argumentos para loitar contra a inseguridade. Na temporada do 73-9 os Golden St. Warriors escolleron un lema: Strenght in numbers, "A forza nos números". Algo así podería aplicar o conxunto cafeteiro.

Non os vou aburrir, pero os celestes presentábanse na campaña 17-18 cun dos equipos co rendemento agardado máis alto da recente LEB e agora contan ademais con Cebular. Úriz, Arco ou Díaz saben o que é un ascenso e Quique Fraga, Fran de Andrés ou Jose Miragaya o que é unha final. O Breo chegou á xornada pasada como un dos únicos catro equipos da historia LEB con 21 vitorias e 3 derrotas. Un plantel que perdeu catro partidos en cinco meses gañou o respecto de todos e o dereito a xerar ilusión. A presión e a anguria deben vir cando non se pode cumprir obxectivos, non cando están ao alcance da man e se conta con armas para acadalos. Como dixo o presidente dos EE.UU. Franklin D. Roosevelt, ao único que debemos ter medo é ao medo mesmo...

Comentarios