Blog | A Nación Portátil

Aníbal Malvar, aceitunero altivo

Un rapaz de Xaén bromeou co Cristo da Amargura. Fotomontou o seu rostro pagán sobre a cara  divinamente tallada. O mozo non explicou se trataba de denunciar o sufrido vareo da oliva ou se buscaba para sí a trascendencia reconfortante do catolicismo. O resultado é que se acolleu iconicamente ao Cristo da Amargura, polo que foi multado a 480 euros. O penado lamentou que deberá axitar unha vara baixo unha oliveira durante dez días para cumprir a esixencia xudicial. O columnista Aníbal Malvar sentíu que se lle abrían as carnes ao ler a noticia, pero o que se lle abriu foi a camisa, cos botóns saltándolle do peito lanzándose a unha aloucada carreira polo salón. Púxose verde e descomunal coma o Incrible Hulk. Transformado no mangallón de Marvel, escribiu un artigo que podería arrasar coa seu fronte de lume cinco o seis latifundios de Andalucía. Malvar erixiu unha columna propia dos "andaluces de Jaén/aceituneros altivos" de Miguel Hernández, ese poeta rudo ao que vareaba Maruja Mallo con toda a súa modernidade ata que el lle descubriu a milagre do trigo.

Comentarios