Blog | O voo da curuxa

Ecoloxía política

SON MOITOS os sinais que temos hoxe en día que fan pensar nunha fase de esgotamento dos recursos minerais e enerxéticos tradicionais. Son moitos os indicadores que reflexan a progresiva degradación ambiental e as desigualdades locais e mundiais configurando un panorama crítico e nada edificante. Por estas razón, últimamente estase a discutir sobre a lóxica crecentista ilimitada a favor dunha visión revisionista da mesma.

En Galicia, hai pouco, un grupo de investigadores, políticos, ecoloxistas levaron adiante un estudio sobre as distintas facianas da realidade de Galicia en clave ecopolítica. Esas reflexións saíron compiladas no libro ‘Ecoloxía política: olladas desde Galicia’ editado por ‘obencomún’, libro coordinado por Xoán Hermida e Xan Duro.

En función dunha visión xeral do texto percíbese nel un marco teórico baseado na consideración da ecoloxía (da perspectiva ecolóxica) como un novo paradigma epistémico e un marco imprescindible cara a acción política. O substrato basal do libro reflexa a consideración de que o ecoloxismo debera estar anclado nunha ética non antropocéntrica e afastado de calquera consideración meramente utilitaria das distintas especies animais e dos parámetros clásicos, aínda vixentes, da explotación do home polo home e do expolio indecente e predatorio da terra.

Frente á lóxica de dominación, explotación e desequilibrio cómpre un novo marco teórico político baseado na harmonía coa natureza, na responsabilidade medioambiental

Por outra banda, no libro percíbese claramente una crítica velada ao ‘denialim’ (o negacionismo), propio da ortodoxia política e de calquera práctica económica que se limita a ornamentar o discurso dominante. Transmítese no libro, tamén, a necesidade dun desenvolvemento sustentable que aposte por frear o deterioro constante dos medios de vida convencionais, por redistribuir a riqueza e pola necesaria mudanza dos nosos hábitos cotiáns. En definitiva: por interiorizar a necesidade de poner límites á civilización do crecemento desmedido.

Por fin, no texto percíbese claramente o desexo de construir una ecopolítica ofrecendo claves cara una sociedade ecolóxica, lonxe do capitalismo competitivo, lonxe do sistema ecodestructivo capitalista actual a favor da promoción dunha nova ética socioproductiva.

Frente á lóxica de dominación, explotación e desequilibrio cómpre un novo marco teórico político baseado na harmonía coa natureza, na responsabilidade medioambiental, na responsabilidade social integral. Un marco teórico-político que dote de contido real ao oikós (o fogar, en grego). Os sabios gregos, como Aristóteles consideraban o oikós como una comunidade construída naturalmente para a satisfacción das necesidades cotiás, o centro nuclear da vida dos seres humanos, dunha vida en comunión saudable coa naturaleza.

Aristóteles, na súa ‘Política’ defendía a necesidade de acadar os medios de vida necesarios para satisfacer as necesidades supervivenciais frente á antinatural e deshumanizadora acumulación de riquezas e a desmedida actuación sobre o medio físico máis próximo. Era sabio Aristóteles. Aprendamos del.

Elías Pérez Sánchez, del Grupo Doxa de Filosofía

Comentarios