lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Xa me contará como fago eu por non ver a tele, se xa non a vexo?

Os Pelúdez caen nunha emboscada dos Rats e por un intre pensan que é unha nova praga de Exipto

Días atrás os da familia falan do seu interese polo espectáculo Rats, dos Campi qui Pugui, e hoxe, que é a data sinalada pra velo, moito máis.

—Teño escoitado que fan unha representación polas rúas chea de verismo con ratos e ratas —comenta a Filomena.

—Ah! —reacciona Pelúdez — Pois logo se ratifican no dito!

Unha especie de cancán. SANTY—Ti agarda ata velos e logo opina.

Como os Campi qui Pugui son cataláns, a conversa foi cara á polémica do acento galego de Jordi Cruz e dos outros dous presentadores do MasterChef.

—Xa saberá que o vindeiro luns teñen convocado un boicot en contra da TvE.

—Comigo que non conten.

—E logo?

—Agora todo consiste en facerse o indignado coma se fósemos flores de petiminí. E ademais, de ter razón, que deberían facer os da Gran Bretaña cos Morancos e con todos os que non saben falar a súa lingua e baballoan catro palabras prá facerse o inglés? Ou os rusos con Gila cando dicía aquilo do gustirrinov? Ou os italianos con Torrebruno?

Torrebruno era italiano.

—Pois máis ao meu favor, que nin falar o seu idioma sabía.

—Home, falaba castelán!

—Iso era o que che parecía a ti. Daquela, se queren indignación teñen motivos dabondo con outros aldraxes, polo que non me veñan con parvadas e mexericadas.

—Xesús!

—É como eu o vexo. E por riba, o luns non estou eu prá ver a televisión, que aínda hai festa.

—Trátase de non vela.

—Pois xa me contará como fago eu por non ver a tele, se xa non a vexo?

—Complicado.

De súpeto comezamos a notar como unha morea de ratas enormismas fan curro ao redor de nós, polo que a familia entra en pánico.

—Miña madriña me atenda! — brada a Filomena —E non tiña reservada o ceo unha praga de Exipto en exclosiva prós Pelúdez!

—Nótase de lonxe que son ratas do réxime, polo ben mantidas que están! —di o home.

Vanesa pon calma no grupo:

—Nin praga, nin Checoslovaquia! Son os Campi qui pugui, como xa sabiamos todos pola mañá, carafio!

—Se non crin que eran consecoencia do virus…!

Pelúdez disimula.

—Eu estaba tranquilo. Se fosen ratos de verdade, o Seprona non lles deixaría chegar ata o centro da cidade.

—Ai non! E logo os xabarís?

—Eses teñen recomendación da Galega.

Como andaba por alí o frautista de Hamelin, Pelúdez e a muller colleron a dúas ratas polos brazos o deron en bailar con eles unha especie de cancán, mentres o home lle bisbea a unha delas na orella:

—Teña coidado co frautista, señora rata, que ese é como os polítecos. Moito tiroliro, e logo lévate ao río.

Rematado o pernicocheo cos animais, a familia sofre unha profunda partoxénese, porque a oferta musical na tardiña, prologada pola Foliada de Bosende, orixina distintos partidarios. A Vanesa e a filla marchan á praza de Santa María cos Corizonas, porque xa reservaran as entradas. O seu home e o fillo, tamén, pero pra escoitar a Los Zorros unha hora antes.

Filomena arrastrounos a todos ata Augas Férreas pra bailar coa Orquestra Marbella, e logo quería que fósemos á Horta do Seminario con The Corporation e Baiuca.

—Se cumprimos o plan previsto imos ser todo un exemplo prós Gobernos do mundo enteiro, porque alí onde poñemos a palabra, alí que poñemos o cu —razoa Pelúdez.

Filomena faille unha puntualización filolóxica.

—Es ben groseiro, indelicado e malfalado. Mira que comparanza máis tabernaria fixeches. Puidendo dicir ano, que é a forma culta, vas e dis cu.

—Perdoa, caraveliño; xa sei que debería contratarte como asesora de linguaxe, pero vas ter que agardar un intre namentres está no aire o tema das pensións.

—Perde coidado. Ti prejunta o que non saibas, que eu direicho jratis total.

—Por qué sobe a luz?

—Ti tamén…! E non fuches prejuntar o único tema que aínda non teño domeñado?

O resto da noite foi suave limón.

CORA

Xa me contará como fago eu por non ver a tele, se xa non a vexo?
Comentarios