lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Son os rapaces de Sufre Ramón...

A familia vai da catedral á Verbena d'antes pasando pola Ronda, coma os xabarís

este é o meu prebe!. SANTY
este é o meu prebe!. SANTY

PELÚDEZ E familia falan cuns estranxeiros recén chegados á cidade pra asistir ás festas:

—Tudei is de jolidai patrón. Si, home si. Yur neim is Saint Freilán. Biutiful persoa. Non, eu non o coñecín, pero teño escoitado dicir moito dil. You andestan? Si, bonitiño. Muito temos que agradecerlle —que zenkiu darlle, quero dicir—; xaquelogo sen o santo, jolidai fotut. Ou sexa, que non habería festas. Carallo que ben falo o francés!

Os visitantes despídense moi cerimoniosos dos Pelúdez dicindo:

—You are very kind. We will continue our tour of Lugo and happy holidays.

—A min tamén che me gustou moitismo Titanic —contéstalles o home—. Unha mágoa que ao final morra o pícaro!

—Que lles dis? —pregunta a Filo moi intrigada.

—Nada, falamos en francés e ti non o entendes.

—O que non entendo é o que fago eu tantos anos ao carón dunha besta parda tan enormisma coma ti. Non te decataches aínda que estabades a falar en alemán, cariña de pantrigo?

—É verdade! Son plurilingüe... e sen sabelo!

Logo estivemos na catedral, pois xa tiña dito o home que unha festa sen o patrón honrado, non é a festa, senón pecado.

—Houbo anos que non lle vin á oferenda ao santo e logo pasei un inverno fodidismo, cunha tose asolutamente ferina y unha moqueira que metía medo.

—Pero non sería polo feo ao santo! —renega o seu fillo.

—Ai non! E logo seica foi por un virus?

—O máis probable.

—Animaliño! Non ves que che estou a falar de hai ducias de anos, de cando aínda non se inventaran os virus...?

—Ah! Pois nada, sendo así —recoñece o Peludeciño—, foi cousa do santo.

Á saída non perde a ocasión de saudar á alcaldesa, bicándolle a man cunha reverencia.

—Póñame aos pés do seu home.

Pelúdez! —dille Lara— Como vou facer semellante cousa?

—Pois é ben doado. Cólleme polo pescozo e achántame diante del. Dígoo polo da igualdade. Eu aos alcaldes de Lugo sempre lles dixen que me puxeran aos pés da súa muller, e posto que hoxe...

—Deixémolo así. Logo de xantar fomos pola Ronda e daquela a Filo aconsella prudencia.

—Mirade adiante e atrás, que isto está cheo de xabarís e se cadra tamén hai crocodilos.

A familia estaba moi emocionada porque viñan días moi importantes, co patrón tan achegadiño ao Domingo das Mozas que non terían tempo de repoñer forzas.

—E por riba —engade a Vanesa—, mañá sábado temos unha cita inesludible co grupo pop que puxo múseca a miña infancia. Cos mozos que me fixeron vibrar mentres medraba.

—Mira que che digo, Vanesiña; e logo non foi o Peludeciño o primeiro que che fixo o das vibracións? Fillo!!! Hai que estar máis atento!!!

—Non, ho. Ela fala dos Homes G.

—Pois iso mesmo, os do Punto G!

—Non mesture, que a vostede moito lle priva encerellar as verbas pra dicir o que non se dixo —aclara Vanesa—. Dos que falo son os cantistas de Devólveme a mi chica.

—Ben sei —reacciona Pelúdez todo rufo—. Son os rapaces de Sufre Ramón, que pra min refírense a Ramón Espinar, ese políteco que ten o pai impricado no choio das tarxetas black e cada vez que abre a boca, dinlle os do PP: Cala e mira pró teu pai. Sufre, Ramón!

Todos conveñen que hai que deixalo, e collen Recatelo arriba porque quedaran no xornal pra recoller as roupas antigas coas que pensan ir á Verbena galega d’antes, con Xabier Iglesias, Airiños da Freba e os Danzantes do Xeito.

—Supoño que os meus pololos e o refaixo serán elásticos —di a Filomena—, pois aínda que xa levo tres semanas coa dieta do pomelo, mentres non saque da despensa os chourizos da Pascasia, vai tardar que chegue ao meu peso ideal.

—Esquéceo, miña rula. Ao teu peso ideal xa chegaches dúas ou tres veces, e mellor será que non chegues unha cuarta porque van ter problemas de abastecemento nas fábricas de tecidos.

—Non, que ti es Tales de Fileto...!

—O xefe non está gordo. O xefe está ben criado.

Despois dalgún que outro empurrón para que todas as carnes coubesen nos seus sitios, camiñamos ata a verbena e aquilo foi a troula, porque Pelúdez non paraba de dicir:

—Este é o meu prebe! Eu fico eiquí prós restos! 

CORA

Son os rapaces de Sufre Ramón...
Comentarios