lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Queridos veciños de Lugo e de Luga......!

Os Pelúdez pronuncian o pregón das festas e por unha vez son eles os protagonistas do programa

A Filomena avanza canda nós lucindo un vermello nas meixelas coma se rematara de restregalas co ourizo dunha castaña. 

—Miren, dígolles que veño tan estreitada que non me entra una palla no cú. 

—Muller! Non digas iso, que este siñor vai pensar que chas metes a diario. 

—É un falar. O caso é que fun probar un xustillo ao Intimississippi prá esta noite, e por fin atopáronme un de catro tallas máis por baixo da miña, pero que se inspiro polas orellas e meto o bandullo así, coma se estivese estreñida, collo. 

—E non sería mellor que te amosases tal cal es, sen necesidade de morrer afogada? —opina o seu home. 

—Xa! E logo saír nas afotos a carón de Larita, que ten o mellor tipo de toda a Federación Española de Monecipios e Provincias! 

Se inspiro polas orellas.SANTY—Eu xa lle dixen —intervén a Vanesa—, que a beleza está no interior, pero ela insistiu dicindo que a faciana é o espello da alma, e que a faciana está no exterior. 

—Amais pegeime un chute de Votox que me deixou a pel alisadiña coma a das luras. Toque, toque, siñor xornalista... 

—Para o pés, rapás; que non se fixo a merda prá boca do cocho! 

—Non se di así. É o mel! 

—Como sexa. A ver. Diéjame acariñala a min... É verdade! Ninguén diría que tes cento dez anos, senón cento nove, ou se cadra, algunha semana menos... 

—Serás bandallo, fargallón e zalapastrán...! Contigo non se pode falar en serio das novidades da cosmética e mais da ciruxía extétrica. 

—Ah! —exclama Peludeciño — Eu pensei que estábades a falar de política. Como nomeaches a Votox, crin que era o lema de Abascal nas eleccións de novembro. 

—Certo —volveu o pai—. Hai moito confucionismo con isto das eleucións. Eu vou votar todo o contrario do de antes, porque se mo mandan repetir será sinal de que non o fixen ben. 

O día avanza paseniño, pero inexorable cara ás oito. Os pais comezan a se poñer nerviosos coa inminencia da responsabilidade do pregón e a Filomena, entre que non ventila ben, e a suorenta que leva, semella que vai saír disparada en plan Apollo XIV. 

—Sairanos ben? —pregunta ela. 

—E cando non? —argumenta el. 

Chegan ao Concello, saúdan a uns e a outros e o tipo comenta: 

—É o primeiro ano que chegamos antes do pregón e síntome fóra de lugar; coma se me estivera secando coa toalla antes de meterme na ducha. 

—Iso é cencia fricción —dille a muller—. Na última ducha que te deches gobernaba Sagasta

—Cala e pregoa ben. Xa sabes que isto é un labor de equipo. Se un di unha parvada, o outro ten que tapalo. 

—Pois para iso xa poderiamos ter saído da casa coas caparuchas da Semana Santa e así estariamos a cuberto. 

Cando da comezo o acto, Pelúdez toma a palabra e di: 

—Queridos veciños de Lugo e de Luga... 

—Pero que dis? —interrómpelle a muller. 

—Pois que vou dicir? O normativo de xénero! 

—Diso non falamos nada. 

—Non o falamos, pero sobrenténdese que nas palabras que rematan en O hai que poñelas en A e biciversa. 

—Anda, segue porque non é cousa de que che explique agora o infinitivo conxugado! 

—... queridos todos e todas; todiños e todiñas; os que estades aquí presentes, e as que estades aquí presentas; os ausentes e as ausentas; os que por unha causa ou outra, ou por un causo ou outro... 

—O que quere dicir Pelúdez é que para nós é una honra e unha satisfaución poder dirixirvos estas verbas de benvida ás festas do San Freilán...

—... e da santa Freilana... 

—¿Ves? Eiquí sí que lle acae ben falar dos dous sexos, porque son persoas, non obxectos. 

—Viñemos darvos o pregón, porque é un traballo que fai xente importante coma nós: Camilo Xosé Cela, Mario Vaquerizo, o propio King África... 

—Non sexas animal. O King África nunca veu! 

—Ai non? E logo quen era aquel morenocho que falaba tan ben e con tanto sentimento? 

Mauro Silva. E prá iso non foi nun pregón das festas, senón nun Estudio Estadio. 

E así foron saíndo do compromiso. 

Feliz san Freilán a todos!

CORA

Queridos veciños de Lugo e de Luga......!
Comentarios