lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Os mesmos caldeiros de cando o Danubio Universal...!

A choiva cae a moi boa hora e a familia acode á Gala do Deporte de El Progreso

O PENÚLTIMO día de festas comeza ao tempo que unha gran choiva.

—Hoxe os anxos deberon usar os mesmos caldeiros de cando o Danubio Universal porque non vía caer tanta auga en Lugo dende o Hortensia.

—Es un sajerao—corríxeo a Filomena—. Os sanfreiláns sempre teñen un día pasado por auga prá que se leve o lixo.

—Si, ho! O que fai moita auga é traelo. Non viches como quedaron as rúas de Mallorca, todas cheíñas de lama?

peludez

—E a presidenta de Baleares, de festa—intervén o Peludeciño, que sempre está moi atento ás falcatruadas dos políticos.

—Pois hai xente en Lugo que levaba dous días sen auga e mesmo os das casetas están faltos dela.

—É o que sempre pasa—sentencia o Pelúdez—, Deus dá mocos a quen non ten naris.

—Sospeito que o refrán non é así—volve o fillo—, pero en calquera caso, que queres dicir con iso?

—Pois o que dixen! Que non tiñan auga e que hoxe caeulles un trebón que lles vai saír o Orimoco polos grifos.

—E xa que falamos de lixo, de auga, de políticos e limpeza, que lle pareceu a retirada da ordenanza cívica?

—O mesmo co anterior. Hai que fixarse nos nomes e se di ordenanza cívica e se retira, o significado é que non se quere ter ordenado nada e que aínda hai que dar grazas a Deus porque non nos multen aos que cumplimos as normas de convivencia, que hoxe somos ti, eu e catro máis.

—Logo, a súa opinión é desfavorable?

—Desfavorable, non; a seguinte...!!! Pero non hai présa, xa terán tempo de laiar, que eu levo aquí máis de cen anos e xa vin cousas destas a moreas e despois veñen as lamentacións.

—Non o vexo moi optimista.

—Non sei por que ía estalo. Olle prá min. Vostede que pensa dos impostos? Pensa que son cartos que lle meten no peto, ou que lle sacan?

—Primeiro que mos quitan, pero logo agardo que volvan. —Pois merque unha cadeira e sente diante da casa, non vaia ser o demo que canse e teñan que internalo nunha Unidade de Convalencia e Conalicante.

Coma o Pelúdez comeza a coller unha cor así, entre verde e marela, o mellor é trocar de conversa e deixar a política prá despois das festas.

—Gústalle bailar o merengue?

—Non, prefiro comelo.

—Por que o di?—pregunta a Vanesa—Actúa esta noite o Juan Luis Guerra ou algún dos cantistas arrepresentativos do merengaxe? Non os vin no pograma.

—Non, actúa Alba Messa na Gala do Deporte de El Progreso, e se cadra, canta merengue, porque esa rapaza tanto lle dá ás saetas, coma ao soul, coma aos musicais.

—Certo—certifica a Filomena—, eu xa lle veño seguindo as pegadas dende que sae en Telelugo e canta antes ou despois de Lucía Pérez, coma hoxe.

—Como ‘coma hoxe’?—interésase a Vanesa.

—Si, coma hoxe; porque onte cantou Lucía e hoxe canta ela.

O día non trae máis auga e iso que ameazaba a XIII edición do Sanfroidance, que se celebra coma sempre na praza da Soidade.

—Non é que eu sexa supersticioso—matina o home en voz alt—, pero tampouco o era Alfonso XIII, e mira ti prá il, trouxo a república!

Como entraba a posibilidade de que volvera a falar de política, a Filomena estivo moi rápida torcéndolle a atención unha vez máis.

—Coido que veñen uns suxeitadores prá este inverno que van chamar moitísimo a atención.

—Non me entra a menor dúbida—di Pelúdez—, sobor de todo se as mulleres os levan por fóra, porque sendo inverno, a ver quen é o listo que sabe como levan elas as espeteiras.

—Queres velos nos escaparates do Gomas Secret?

—Por min non vos molestedes, porque seguramente este inverno non levarei nada debaixo da camiseta, ao moderno...—se chufa o home facendo unha pose moi feminina.

—Saca de aí, disgraciado! Que se te mira a menistra de Xustiza, vaite chamar como lle chamabas ti ao Boris denantes de que foses políticamente curreto!

—Xa caigo.

A pouco disto senten xa a necesidade de marchar cara o Gustavo Freire por medo a quedar sen sitio e aló que nos desprazamos todos de tres en fondo.

Pelúdez fai entón o último reflexionismo do día.

—Eu, porque non quixen, pero se entrenase, podería ser hoxe tan alto coma Manel Sánchez.

—Só co entreno?

—Bo! Co entreno e cun transplante de pernas dun pívot que vira eu en condicións.

CORA

Os mesmos caldeiros de cando o Danubio Universal...!
Comentarios