viernes. 30.10.2020 |
El tiempo
viernes. 30.10.2020
El tiempo

Mentres non haxa que levar a roupa interior por fóra, tanto me ten!

Confraternizan coa xente de Ferrol e logo van ver as cantistas de De Vacas

ANTES DE asistir á recepción no Concello cos de Ferrol, deron a acostumada paseata polos postos dos artesáns, que onte eran todos do gremio dos luthiers, amais doutros que fan tecidos, instalados no Rosalía de Castro.

—Este ano aínda non pisara o parque. Sen garigolos, barracas nin casetas de cienfalópodo, pensei que non o fariamos.

—Os que teñen que estar na gloria son os veciños, sen músecas nin tomboleiros.

E por mor da igualdade... SANTY—Asegún —di Pelúdez—. Cando eu vou no tren a Medrí, nada máis pasar Laxosa xa estou durmindo con todo o acaneo que queira darlle o maquinista do chifre. Pero logo, en Venta de Baños, cando para o estronicio e queda todo en silencio como se fose unha cartuxa, o primeiro que fago é espertar desacougado.

—Iso é cousa distinta. Tamén durmiches unha noite empoleirado nun deses bafles das orquestras que botaba uns chundachunda a máis non poder. E todo porque beberas catro ou cinco bocois de Ribeira Sacra e Chantada por rigoroso orde analfabético.

—Non era unha orquestra. Eran os de Obús, que aínda ten máis mérito, porque estes, cando actúan en Pinto, poñen o escenario en Valdemoro, pra non prexudicar os tímpanos dos asistentes.

—Ti sempre fuches moi durmiñón e nada cazoleiro.

—Certo. Está por chegar o primeiro día que faga un ovo fritido. Teño medo de estragalo.

—Lóxico. Despois non saberías como pegalo. A recepción dos ferroláns estivo moi emotiva e Pelúdez lembroulles cousas da súa vida.

—O Día de Ferrol non é un invento moderno. Sen ir máis lonxe, eu participei nos actos do ano 1930 e xa viñan no programa de festas. Por certo, aquel ano boteille unha boa reprimenda ao alcalde López Pérez.

—O merlo branco dos alcaldes españois? —pregunta un concelleiro ferrolán moi posto na historia de Lugo.

—Si, moito merlo branco e moita inauguración do hospital, pero ese mesmo ano, o programa de festas do que lles falo foi encargalo a unha imprenta de fóra de Lugo, como se na cidade non houbera talleres tipográficos caralludismos. A imprenta provincial, a do Progreso, a de Lombardero, a de La Provincia... moitas.

O do Ferrol deixounos coa palabra nos beizos moi axiña porque non lle interesaba a conversa e só tiña orellas prós contos da actualidade.

Os Pelúdez saíron moi satisfeitos de que o protocolo oficial contase con eles nestes actos e xa na Praza Maior xuntáronse co resto da cotropea pra seguir xuntos a xornada.

—Veñen unhas cousas pró inverno que mandan chover na Habana —comenta a Vanesa—. Os pantalóns vanse levar axustados, as saias a cadros e volven as botas pirata. Alomenos esa é a tendencia.

— A min, mentres non haxa que levar por fóra a roupa interior, tanto me ten —di o sogro.

—Porcallán! Non queres que veña a moda das zaragolas por fóra porque entón terías que levar todos os días unha peza limpa e non coas tisnaduras que levas hoxe!

—Hai uns anos, cando os mozos saían cos pantalóns caídos, ben crin que a humanidade se encamiñaba directamente á desaparición, ou como pouco, a ensinar o cu sen necesidade de estar na consulta dun proctólogo.

—Se di, proctólogo barra proctóloga —puntualiza o Peludeciño.

—A barra voucha poñer a ti no lombo, pra que adeprendas a non corrixir aos teus maiores, que serán burros, pero teñen xa o traballo feito, cousa que non todos poden dicir.

—Non vaias polo camiño da pelexa xeneracional —intervén a Filo—, que podes saír desencaixado.

Á hora dos concertos dubidaron coma sempre entre varios, pero ao final foron ver as mulleres de De Vacas, porque como dixo a Filo:

—Fan unha versión de A modiño que che pon os cabelos de punta.

A Pelúdez tocoulle detrás dun home máis largo que un día sen pan, e dille á muller:

—Coma ti xa sabes que é ter os pelos de punta, non che importaría collerme de a cabalo mentres dure A modiño, e logo comentamos?

A muller non se nega, pero xa pola metade bota os bofes:

—Se isto non é maltrato de xénero e mais de número, que veña a Montero a facer unha auditeoría!!!

E por mor da igualdade, a peza seguinte escoitouna Filomena de a cabalo do seu home..

CORA

Mentres non haxa que levar a roupa interior por fóra, tanto me ten!
Comentarios