Blog |

Máis que Parque de Rosalía este ano vai ser o Parque Xurásico

Pelúdez aluga un traxe aos Saurus e convértese no protagonista do Domingo das Mozas

Tiñan todos moi ben postiños cos seus traxes tradicionais prá vivir o Domingo das Mozas máis enxebre que imaxinarse poda, pero logo dunha ollada ao grupo e de contalos un a un, decátome de que Pelúdez non está.

—E o xefe?

—O xefe, se se pode chamar así —di a Filo—, quedou cuns feirantes prá amañar non sei que choio. Calquera toleada das súas.

Non pasan uns segundos desde que remata de falar a muller cando escoitamos un murmurio da xente que vén da rúa de San Marcos cara a praza. Ollamos por saber o que acontece e comproba- mos que un dos paxaros antediluvianos do espectáculo Saurus avanza paseniño pola rúa pero facendo moito estrondo en cada pegada.

—Pum!!! Pum!!! Pum...!!!

image0
...Pum, pum, pum!!!. SANTY

Xa máis perto de nós resolvemos o misterio. Dentro do animal viaxa Pelúdez, que asoma a faciana polo medio das tripas do becho mentres berrega coma se petase un Tiranosaurius Rex con- tra o chan.

—Pum!!! Pum!!! Pum...!!!

—Mola mazo! Me renta! —di Jarrisonciño.

—O avó evolucionou! —berra a Piliña, influenciada polos Pokemons do irmán.

—Toleaches! —recíbeo a muller cando o ten de fronte.

—Non fales denantes de coñecer toda a información, non sexa que escorregues e teñas que retirar a gamba de onde a metiches —contéstalle o marido.

—Son todo orellas.

—E nós, e nós! —insiste o resto.

—Hoxe é o día do traxe tradicional e neste mundo non hai cousa con maior tradición cos dinosaurios, que xa veñen de cando non había nin pallozas no Cebreiro. Daquela falei cos de Saurus e chegamos a un acordo prá alugarlles este modeliño que tan ben me acae.

—Desde logo. Nunca te vin cun traxe tan axustado ás túas ideas.

—Pois causo admiración!

—Iso non o dubido! —Continuade logo coa pendencia —interrómpelles a Vanesa—. Xa é hora da ofrenda de Olga Novo a Rosalía e temos que chegar ao Parque.

—Máis que Parque de Rosalía este ano vai ser o Parque Xurásico, xúrocho!

Collemos polo Bispo Aguirre adiante e non hai festeiro que non saque o móbil prá inmortalizar aquela inimaxinable procesión fóra das pistas do Circo do Sol.

—Mira, papá; un paxaro antigo cun señor dentro! —dixo un pícaro.

—Mira, papá; un señor antigo que tragou un paxaro —di outro.

—É Pelúdez —aclaráballes a Filomena—, pódense achegar que non morde a non ser que lle dean cienfalópodo.

Con aquelas pintas non había maneira que a xente atendera as palabras de Olga, que por certo fixo unha peza moi ben traída, polo que a Filo suxírelle ao home:

—Peludo, é mellor que te refuxies no Pazo da Audiencia por- que estás a estragar a cerimonia e van dicir que somos uns antesistemáticos.

—Pois se me ven na Audiencia vai ser pior, porque pensarán que é unha crítica ao inmobilismo do Consello do Poder Xudicial.

—Pois logo métete no aparca- doiro do Pogreso e que che aturen alí ata que remate Olguiña.

Aquilo gustoulle máis, pero cando xa collía camiño do xornal, —Pum, pum pum...!!!—, a oferente  finaliza a súa intervención e Pelúdez pega a volta onde estaba a familia —Pum, pum, pum...!!!—

—Dende luejo, polo menos podías deixar de facer a trapallada esa coa boca, porque unha cousa é levar o disfrace con dignidade e outra ben destinta, pregoar a mouros e cristiáns que somos apaiolados de nacemento.

—É que se non o fago non agarro ben o papel. É como se te vistes de Chiquito da Calzada e non andas dicindo todo o día: Jarl, al ataquerrr!!!

—Pois que sexa o último ano que vés de paxaro prehispánico sen avisar, porque me fas pasar uns bochornos abafantes e van pensar que aínda estou coa menorpausa.

—Xa quixeras que o pensasen. A que está coma unha rosa é a Reborita, verdade Vanesa? Pola túa nai non pasan os anos.

—Non lle faga caso, mamaíña. O que persegue este mentirán é que o convide a unhas racións de cienfalópodo.

—Pois vai conseguilo —di a Reborita—, porque hai tempo que non me dedican uns piropos tan retracheiros.

—Viva Reborita! Viva o Domingo das Mozas!

CORA

Comentarios