lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

Cadaquén que se dea por alusivo no que lle competa...

Os Pelúdez asisten á entrega de premios ás mellores tapas e á revista oral do Vello Cárcere

A XORNADA do mércores comeza cun reflexionismo filosófico do Pelúdez:

—Mira, chacho. A vida é como é. Coma o fútbol. Non se lle pode pidir que sexa doutro xeito porque sería unha distropía, isto é, un asurdo. Eu, que xa teño moitos anos enriba, comezo a estar un pouco farto de escoitar que se é unha merda, que se non hai dereito, que se todo son disgracias… E quen lles dixo que tiña que ser doutra maneira? Se non entendes iso, date por fodido. Se me vés con mexericadas, macanas e babecadas, mellor colle a porta e lisca denantes de que teñamos un desgusto.

—Non o dirá por min?

—Non, por Deus! Estou a falar ex catedral, é dicir, en xeral; coma cando san Pablo escribe a carta aos adefesios, que non é que vaia dirixida un por un a todo os adefesios, senón que o tipo predica, e logo cadaquén que se dea por alusivo no que lle competa.

Ñic, ñic, ñic... SANTY—Ah! Pois a min non me compete res, porque estou dacordo con vostede de pe a pa.

—Eu, adepende —opina a Filo.

—Adepende de que, paxariño piador?

—Adepende de que esteades a parolar moito máis tempo, porque van dar as doce e eu non penso perder a entrega de premios ás Tapas aínda que teña que coller un Bladamascar disos que chamas e che levan onde corresponda.

—Tes ración, nunca mellor dito!

O acto xa comezara cando chegamos, pero aínda así os Pelúdez penetran moi indiscretamente no Salón de Plenos, é dicir, que todos souberon da súa presencia.

—Boas. Ta Pascual? —pregunta o festeiro.

A xente queda ollando sen entender o que dicía.

—Si, ho. É un chiste. Ta Pascual?… Tapas cual? Quero dicir: Que tapa hai prá nós?

—Hoxe non hai tapas, Pelúdez —dille a alcaldesa—, hoxe só hai premios.

—Vaia pola Becha Negra! Veña logo un premio deses!

—Prá min que sexa á Mellor Interprestación Feminina —reclama a Vanesa.

—A ti vanche dar o premio á Mellor Montaxe, que onte pola noite o Peludeciño e mais ti sacástedes todo o ferruxe á cama da pensión e alí non houbo quen durmira.

—Non escoitei nada. Cando seu fillo colle carreiriña, eu poño os ollos en branco e que tire millas.

—Pois que saibas que as millas por pouco me perforan as orellas.

A alcaldesa quere saír daquel bucle e se afasta prá falar con algún dos premiados. Comprobado que no Concello non hai paparotadas, o pai deu orde de retirada:

—Familia, imos á rúa que están os de Viño Branco e malo será que non caiga unha cunca!

O certo é que tiñan tempo ata a hora na que pensan asistir á revista oral dos Escritores en Lingua Galega, que este ano sería no Vello Cárcere sobre músecas e verbenas.

—Hoxe non sei se xantar un pouco antes do almorzo, ou se almorzar e logo xantar un anaco.

—Tanta fame tes?

—A verdade é de que si.

—Como se lle nota que pasa o inverno escoitando aos tertuliáns de Homes, Mulleres e Bici en verso! _exclama a súa muller.

—Mintira! Eu só miro prós programas culturais, como o Pasapalabra, e iso que agora mo chimparon…

—Mellor, daquela disporás de tempo prá ler a Fole e mais a Folkner, que os tes moi arrecunchados.

—A Folkner, pode; pero de Fole aínda lin antes de vir a Lugo a súa Perra Brava, que vai de cans. Así, dese xeito tan literario chega a hora de ir ao Vello Cárcere, dito sexa sen segundas.

Con todo e iso, chegamos co acto iniciado e Pelúdez non quixo perder o tempo, por se o deixaban sen turno de falar.

—Como non sei canto tempo levades de leria, só quería dicirvos, prá que non queden fóra, estes versos que fixo en Lugo meu amigo Ireneo á súa pretendida Clara hai hoxe máis dun século.

Din así:

"Cuando un joven se declara /a una Clara como usted /y claramente se ve /que por él siente amor Clara /y Clara le afirma a ese hombre/no ver clara la razón, /siendo clara, ¿no es baldón / que Clara lleve tal nombre? / En fin, Clara, callar debo; /callar, sí, mujer preclara, / que la cosa está tan clara /como una clara de huevo".

Saudiños.

CORA

Cadaquén que se dea por alusivo no que lle competa...
Comentarios