domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

Aínda non sei se é coa dereita ou cos dentes!

Os deportistas reciben os seus trofeos de El Progreso e Pelúdez entrega o seu a Chilares

SAEN EN coche desde El Progreso, aínda que unha axente de mobilidade non quere deixalos pasar pola rúa Puro Cora.

peludez

—Teñen premiso prá entrar, pero non o teñen prá saír.

—E logo que facemos? Quedamos de residientes ata o Xuízo Final?

Pola beirarrúa pasa Alejandro Pérez-Batallón e achégase ao coche.

—Ese é noso avogado! Pregúntelle a el!

—Estas persoas son amigas miñas. Non os recoñece? Son os Pelúdez!

A axente mira a tarxeta, mira á Filomena... e logo duns segundos di:

_Está ben. Avancen e cumpran as indicacións.

Ás portas do Gustavo Freire, a familia é recibida por Blanca de Cora, que lles plantifica un bico nas meixelas e ten unhas palabras moi agarimosas prós pícaros.

—Que medrados levas os netos, Pelúdez!

—Medran coma condanícaros. Vas á tenda por un garsei prá eles, e cando chegas á casa xa non lles entra.

—Foille tal coma di o Peludo — intervén a Filo—, pero non porque medrasen os nenos, senón porque quixo poñerlle o da nena ao Jarrisociño e por pouco non lle quita as orellas de tanto que premeu prá baixo.

—Cousas que pasan, dona Blanca.

A familia chegara con tempo de abondo á XV Gala porque María Pérez os tiña moi adeprendidos e aleucionados.

—Se chegades cando o acto xa está escomezado, alí non entra nin o cabalo de Pavía!

—Ajesús! Se traballaras prá Zarzuela, a Pablo Igrexas haberías de pendúralo da coleta cada vez que chega tarde.

_Esautamente!

Logo ocupan os seus postos prontocolarios, xa que o Pelúdez ten papel no acto. Javier Varela, o presentador, sae ao escenario prá que Isabel Rodríguez, a subdelegada do Goberno e Luis Ruiz, o xefe de Deportes do xornal. Comecen a entrega do trofeos.

Por alí suben Sergio Vallejo, o pai de Castedo, os de balonmán e o boxeador Eduardo Pérez.

—Cando eu facía boxeo...

—Queres dicir cando lambiches unha labazada que che deu o Crisanto, o do taller?

—Si.

_Pois fala ben.

Actúa Gravity e seguen Pena, Genuine, Arias, Lucas Pena, as de Friol e as de Ribeira, que os recibiron de José Luis Fernández, de GADISA e de Francisco Rivas, do Sabadell.

—Agora que dirás? Que tamén fixeches esgrima? —turra a Filo.

_Non, esgrima non; pero máis dunha vez tiven que defenderme dos sablistas.

Teresa Veiga, a nai de Sara Álvarez, Fontelos, González, o adestrador de José Cuba, Pardo, Martín Vázquez, Sofía, Valín, García, Sánchez, Vila, Mon, Fernández, Basanta, Abelairas, Freije, López, Quintás e Xirandela son premiados por Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación e Manuel Otero, de Deportes da Xunta. Logo Arroxo, o concelleiro Fernández, o delegado Balseiro, o presidente Tomé e o director Riveiro.

Pelúdez segue moi atento o xeito no que se fan as sucesivas entregas:

—Lévao coa dereira e recolle coa esquerda... a dúas máns... dálle cun bico... bico e aperta... Así non hai maneira, recorcio!

—Que che pasa? —interroga a Filo.

—Pois que cada un entrega o trofeo como lle peta, e por se fose pouco, os outros o collen coma lles sae dos pinreis.

—Liberdade, Pelúdez, liberdade.

Daquela escóitase:

_Premio Unha vida dedicada ao Deporte. Fai entrega, Pelúdez. Recolle, Ángel Villar, Chilares.

—O rai cubano! Chegou a hora e aínda non sei se é coa dereita ou cos dentes!

Os dous personaxes soben ao escenario, e cando chegan, di o Pelúdez:

—Oes, Chili, ti como colles a pala?

—Coas dúas mans, que cunha afundo.

—Home! Por fin algo claro e detreminante!

Pelúdez colle o trofeo coas dúas mans e pásao a Chilares, que o ergue ante o público mentres soan os aplausos.

_Proba superada. Se me chaman prós Oscar, teño todo sabido.

—Moitas grazas, Pelúdez. É o mellor trofeo que me deron nunca.

—Home! O tiña todo estudiado!

Blanca entrega o Premio deste ano a Adrián Ben e logo das súas palabras, saímos todos ledos e satisfeitos.

CORA

Aínda non sei se é coa dereita ou cos dentes!