Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Semáforos

HOXE É o meu día. E o de todas as mulleres. Non son nada partidaria de celebrar un día de..., pero debe de ser necesario telo, dado o panorama que nos rodea. Ía onte na tele unha noticia que me deixou cunha sensación un tanto rara. Falábase dunha iniciativa paritaria, pero a min non deixaba de parecerme unha chorrada, por non dicir que penso que está máis preto do machismo que da igualdade entre xéneros. Resulta ser que en Valencia teñen uns semáforos para peóns que alternan o monigote habitual con outro con saia. Será cousa miña, pero identificar unha muller cunha saia non deixa de ser un estereotipo, quizais socialmente aceptado para diferenciar un aseo, pero ao meu ver, totalmente innecesario á hora de cruzar a rúa, porque estás a dotar de xénero unha figura que non sabería dicir nin se o ten. Pola contra, non deixo de oír nun anuncio da tele, e con certa regularidade en distintos escenarios, unha expresión que me chirría fortemente nos oídos pero que parece pasar as máis das veces inadvertida, o uso da palabra hombres/homes para referirse ás persoas, á humanidade en xeral. Iso si que é ningunear a existencia feminina, por moito que a palabra derive de ‘homo’ en latín.

Semáforos
Comentarios