Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

Foliadas

O DOS músicos das Pontes ten moito mérito. Levan dez anos, dez, organizando unha foliada mensual na tempada escolar. Un punto de encontro para os amantes da música tradicional con máis de 80 convocatorias, que leva operativo, fixo no calendario, toda unha década. Teñen apoios, coma o do Lar e o Grupo Endesa, tan fieis coma os músicos á convocatoria, pero o seu mérito é innegable, porque non é doado manter este tipo de eventos no tempo, xa sexa por falta de axudas, por desavenencias persoais, por pouca afluencia ou, simplemente, por cansancio. E son citas moi necesarias, non só por ser un referente fixo ao que se sabe que se pode acudir cando se quere gozar do son das gaitas, senón por ser un escenario aberto, un punto de referencia e tamén de visibilización, una oportunidade para moitos músicos afeccionados. O que acontece no Lar das Pontes   cada último venres de mes, aínda que cadre a 32 de marzo, non ten moitas réplicas na comarca chairega, maila a haber canteira suficiente para, polo menos, tentalo. Houbo probas, coma as Foliadas do Oito, hai algunhas citas puntuais, pero falta un evento regular que un día poida, quizais, chegar a soprar dez velas. Alguén se anima?

Foliadas
Comentarios