Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

Fago literatura e tamén xornalismo, na sección de Cultura do diario El Progreso. Podes seguirme na miña conta de Twitter

A garavata angosta

A noite de onte foi unha anodina velada de verán, aínda que estamos neste inverno superposto á primavera. A calor nocturna era patente, xa digo. Eu chegaba a unha festa ao aire libre, que se celebraba nunha pista de tenis. Dous amigos saíron recibirme. Vestían como o Señor Azul e o Señor Marrón de Reservoir dogs,  a película de...

Un home empezado

Henry MiIler fala na novela Plexus de cando aínda non era escritor, pero xa ideara selo. No seu caso, esa decisión foi fundamental porque consagraba a cada actividade un tempo completo, consistise en  pasar fame, en practicar o sexo ou en timar. Aínda non sentara a escribir e xa se consideraba un home acabado . E así quería chamar o seu primeiro...

O esquelete no armario

Henry Miller deambulou durante anos polos solares maís desolados de Nova York e polos bares máis sucios de París durante unha década. Unha mañá ergueuse da cama para ser escritor. Tivo que desvestirse da anarquía feliz, da nugalla algodonada e dos enganos para poder comer. Como consecuencia, volveu á casa dos pais. Con trinta e pico, Con trinta e pouco. A cultura...

Humillar a Ferrín

A Real Academia Galega enviou recado a Ferrín. Freixanes require que lle diga que si ou que non, pero non todo o contrario, sobre se vai volver polos seus pasos á institución. Ferrín advertira de que marcho que teño que marchar  por esta altura hai catro anos. Daquela, paseara pola casa das Tabernas coma un poeta asmático, levando unha bolsiña branca de...

A barba da política

O problema maior da política é que ten incrustados políticos que non queren exercela. A cada boletín informativo esixen recurtar cunhas tesoiras de tecnócrata a politica de asuntos que requiren decisións políticas, como a sanidade, a educación ou as pensións. Houbo un momento exacto logo da vitoria militar de Fidel Castro, entre...

A capa volátil de Leopoldo Panero

Leopoldo Panero soñábase cabalgando un cabalo branco cunha capa como San Martiño de Tours, pero morreu pobremente hai catro anos nun deses hospitais que coidan a mente. O poeta tivo unha morte primitiva por fugaz. Uns curmáns da nai acudiron a xuízo para herdalo tras certificar unhas últimas vontades silenciosas e ausentes. Reclamaron a...

As mans de Oseira

O pasado venres conducín cego entre as rúas de pedra de Cea. Levaba os ollos pechados a todas panadarías que había ao amor de cada casa por respecto fiel aos meus panadeiros de Antas de Ulla. Quería visitar Oseira -o mosteiro de-. A estrada estaba verde fresco e o monte, negro renegrido. Chovía a todo chover, chovía sobre mollado....

A beleza sólida

Anne Carson sabe que a beleza convence, que é sólida e garantidora. Ten un libro de poesía sobre a certeza que desprende, 'A beleza do marido'. A protagonista da novela 'Revolutionary Road', April, sométese á beleza física e profesional do seu marido ata que un día ela decide dar un paso adiante e presentarse como voluntaria na fronte da vida:...

A morte de Raphael

O bo gusto pode atoparse en calquera lugar. Raphael ten na casa cadros do lucense Tino Grandío. Iso demostra que se pode vivir do esperpento xestual, do manierismo emocional e da vocalización confesional, pero posuír un criterio íntimo para mercar arte. Faise meritorio que o cabeza dunha das cen familias que integran a murcha burguesía...

Aníbal Malvar, aceitunero altivo

Un rapaz de Xaén bromeou co Cristo da Amargura. Fotomontou o seu rostro pagán sobre a cara  divinamente tallada. O mozo non explicou se trataba de denunciar o sufrido vareo da oliva ou se buscaba para sí a trascendencia reconfortante do catolicismo. O resultado é que se acolleu iconicamente ao Cristo da Amargura, polo que foi multado a 480 euros. O penado lamentou que...

O cadelo tras da flor

Os discursos dominantes na gala dos Mestre Mateo foron os profetizados: traballo na terra, muller, idioma. A min interesoume outro. Como dixo o músico Germán Díaz, o que sae da alma á alma chega. A min chegoume á alma o discurso que pasou minúsculo, pero sentido, que lle dedicaron a Xosé da Flor os seus amigos, os amigos do sábado feliz de Dhogs . Coñecín a Xosé da Flor...