Marta Veiga / Nube Tóxica
Marta Veiga / Nube Tóxica

Maxia no baño das tías

SAÍR EN Fin de Ano é o peor. Non, non é "inocentada". Sobre todo, porque as galegas celebramos tal cousa —o día dos enganos— o primeiro de abril, cando van os burros onde non deben ir. Que xa lle vale a quen se lle ocorreu que era unha boa data para a chanza na que se conmemora unha matanza de meniños. Ao que...

De San Quevin a Thanksgiving

SERENNA TEN dez anos e a súa familia é de Scottsdale, Arizona. Hai uns días quedou alucinada cando lle dixen que eu nunca celebrara o Día de Acción de Grazas. Se non pasa nada, hoxe prepararemos unha salsa de arandos vermellos e unha torta de cabaza, porque o consorte e mais eu estamos convidados á nosa primeira cea de Thanksgiving...
Marta Veiga.AEP

Días de imposición

O PRIMEIRO traballo que lle entreguei a Carme Hermida  mereceu un menos oito. Póñoo en letra, porque así dá a impresión de non ser tan embarazoso. A miña estrea cun suspenso final foi en segundo de carreira. Lingua Galega Oral, outra vez con Carme Hermida. Naquela altura, se estabas...

Apocalípticas e integradas

Eu non quería, pero velaí estaba Amaia co seu riquiñismo e a súa voz de cristal e engancheime outra vez a Operación Triunfo  "COMO CADA día con McLuhan me aburría, me fui de bar en bar". Morría 1996. Sería novembro, talvez decembro, cando a María Duro e mais eu matinamos en facerlle unha letra alternativa ao tema dese discazo que foi o Agila  de...

É o sincretismo, fato

A chave das noces está en aproveitar o vello e darlle lustre co novo, un proceder no que basean o su éxito o cristianismo e o rocanrol MENTRES ESCRIBO estas liñas levo postos uns pantalóns de Atilano do Supermartes , mercados en Lugo nunha multinacional sueca, e unha camisola de Buffy, cazavampiros , que me chegou á casa logo de encargala nunha web de nerdalladas...

Ionquis do amor

Mentres chega un novo episodio, sempre haberá un 'fanfic' para ese romance en construción que nos ten desacougadas FACÍA CALOR e camiñaban baixo o sol do mediodía a unha á par do outro. Tíñaos visto algunha vez. Nos xornais; mesmo na televisión. Ela, pálida e seria. El, arroibado e coa respiración axitada. Poderían ser compañeiros de traballo, correlixionarios de...

As mulleres que non queren

Un recente estudo de Seth Wynes, investigador da universidade canadense da Columbia Británica, sinala que a medida máis efectiva na loita contra o cambio climático é termos menos fillos O CONSELLEIRO de Sanidade díxolle á deputada Noa Presas que a natalidade en Galicia está como está porque hai mulleres coma ela que non queren ter fillos. É 2017 e hai quen sostén...
O dragón e o león sacan un punto de muiñeira nunha bandeira sueva

O espírito de Totora

As catro provincias galegas naceron mortas en 1833. Agora que volve 'Xogo de tronos', regresemos aos nosos sete reinos de Poñente AS CARTOGRAFÍAS son convencións que, ás veces, se imitan a nós. Neste país deturpado en 1833 por Javier de Burgos —e, antes ou despois, por tantos outros—, os mapas oficiais que mellor me representan hoxe por hoxe son os das dioceses...
Xennial, a princesa guerreira

Ula miña xeración?

Britney Spears dicía que non era una nena, pero tampouco aínda unha muller. Ás que non somos Xis nin millennial dinnos xennial CONTABA A semana pasada María Yáñez os seus dez anos en Facebook cunha moi atinada reflexión sobre a ditadura do 'gústame' na que que caímos alegremente e sen dó coa avenida das redes sociais. Ela, veciña temperá da parroquia dixital, non pinta...

Con chirucas a 35 graos

CONVERTINME nunha señora maior aos vinte e sete anos. Antes da anticoagulación a vida era un festival. Non é linguaxe figurada. Dun tempo a esta parte, e agora que xa vimos as modernas coas botas de goma de sacar o esterco en Glastonbury e abrimos a espita do verán festivaleiro, fáiseme cansado ata pensalo. «Oitenta bandas en tres días!!!!», anuncian. «De verdade é...

Vai de tetas

Agora que teño a súa atención, imos ao que importa: sumou alguén o impacto económico de facer das mulleres seres acomplexados? A QUE TEÑA CONA e tetiñas, que non fale das súas veciñas». Isolina Mourelle Bouso viviu ata os noventa e tres anos na parroquia da Muxueira de Riotorto. Foi unha muller de sentenzas. De entre toda a súa fraseoloxía lapidaria, esta é a que máis me...

Mañá, sol... e bo tempo

ACONTECEU ESTE luns, pero sucedeu tamén o mes pasado e será mañá e o ano que vén. Xabier Fortes, redactor do centro territorial de RTVE en Santiago, estaba a facer un directo de que ía calor en España, pero en Galicia, unha pouca menos. Que digo eu: non haberá cousas que lle encargar a Fortes — presentar La Noche  en 24 Horas, por exemplo— antes que perder o seu tempo...
'Chestnut trees' e 'oaks' na fraga de Catasós de Lalín

Descoñecer o medio

O PRIMEIRO que aprendín en clase de inglés foi a canción dos ‘Little Indians’. Marimar, a seño, tamén daba música -Dinámica lle chamaban á materia na miña escola- e tiña unha bonita voz de soprano. Eramos corenta criaturas de sete e oito anos, máis algún repetidor, e Marimar enchía as horas cos ‘Little Indians’, ‘Old McDonald’ e ‘Baa, Baa, Black Sheep’, que intercalaba con...

Mark Lenders, Sandaza e Sísifo

VERÓNICA BOQUETE, a mellor futbolista galega desde Luis Suárez, adoita dicir que se houber un deus (ou deusa) sería mediocentro. Teño cobiza de lle preguntar se ten en mente un mediocentro arquitecto, enxeñeiro, artesán, carpinteiro, albanel e armador, como o Cristo de Palacagüina e o noso Carlos Pita, ou unha deidade destrutora e incansable, ao igual que Fernando Seoane....
Velaí vai

Feliz Día da Toalla

Por que friki do 'World of Warcraft' e non friki do Combo Dominicano? Como dicían as Maribolheras Precárias, raras somos todas  ERA DOMINGO á hora da merenda-cea e viña de tender unha lavadora. De súpeto, bombas de palenque. Petardos. Foguetes de sete estralos. Pólvora a feixes. Non tiña noticia de festas patronais da contorna. Pregunteille á Cortana e díxome que...