Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

A decepción e o armario

Que Epi e Brais foron, ou son, un matrimonio bostoniano, era algo canon, que asumiamos todas. Menos os señores de Barrio Sésamo

Venus e cantigas de amigo

ESTE VERÁN de 2018 déixanos dous estudos científicos, ao meu ver, revolucionarios. Pola banda de Laíño, a monumental investigación médica de Atención Primaria na área sanitaria de Vigo que recomenda, entre outras cousas, tomar a pílula da tensión antes de nos deitar e non co almorzo. Imprescindible neste país no que hipertensas somos, ou seremos, todas. Pola banda de...

A epopea do Seat Fura

É UNHA verdade universalmente recoñecida que a diáspora galega funciona como células que se organizan para botar o mes de agosto na aldea. En Santalla, onde dous de cada tres aborixes liscan sen tregua desde mediados do século XIX, o oitavo mes escápanse prous e esqueallás na variedade central de transición do galego na que se comunica a Terra do Medio. Os emigrados dos...

Na procura de Puck

MELLOR DOS veráns non era bañarse no río nin esfolar os xeonllos na bici nin xogar a bico, verdade ou consecuencia nin sequera as duchas a mangueirazos na eira. Preferías as noites coa lanterna baixo as sabas; coñecer xente que non te decepcionaba. Son as vacacións de sétimo e a túa mellor amiga da escola, esa con quen xuntabas a cabeza e partillabas segredos fondos,...

Turismo de clase

Nos anos noventa, só o un por cento dos músicos que lideraban as listaxes de éxitos británicas fora a colexios privados; en 2010 eran o sesenta por cento

Bechos bonitísimos

Coalas e gurgullos

Disque foi o tudense frei Rosendo Salvado quen introduciu o eucalipto. As especies exóticas nunca invaden a gusto de todas
 

Marsha P. Johnson, Joseph Ratanski and Sylvia Rivera na marcha do Orgullo de Nova York de 1973, por Gary LeGault

Por Marsha e Sylvia

O roubo dunha perruca nas rúas de Nova York nunha noite de Samaín de 1963 deu como froito unha desas amizades que pagan a pena

As escollas e as tripas

Que de Barricada che guste máis El Drogas que Boni non ten explicación lóxica, mais o de aborreceres o verán é tan só unha reacción fisiolóxica

Niní Marshall en 'Cándida'. EP

Cándidas e racistas

Perplexa e soa, morriñenta e cos cartos gardados no xustiño, desembarca nunha das maiores cidades do mundo e é conducida ao que chaman un hotel de inmigrantes

Aí está a estrada. AEP

Liscade axiña

Nese querer marchar para a capital pequeno imperial mandamos a Madrid amas de cría, gando vivo, o mellor peixe e algún político

Evaristo Páramos, de La Polla a Gatillazo

Evaristo e Roseanne

Trinta anos despois, estamos a descubrir que os punkis son, ou deberan ser, xente antisistema. Nunca é tarde para aprender
 

Mano Negra

"Si, o pai de Manu"

Para as crianzas dos noventa, Mano Negra foi unha brúxula estética nun altermundo que puido ser e non foi nun tempo que nos derrotou

Manifestación polo Día das Letras Galegas. EFE

O chope do Día das Letras

Tal día como este 17 de maio, as redes sociais énchense de bolboretas, xoaniñas e escornabois, de morriñas e luscofuscos, sen vir moito ao caso

Xornalistas en Eurovisión

Eurovisión en vernáculo

ESTES DÍAS, os peregrinos de Fátima cruzan Portugal. Polo medio das autovías, cos chaleques reflectantes de facer a ruta do colesterol, armados de cruces e a paso máis ca lixeiro. Unha ducia e media deles –Santa Maria, mãe de Deus, rogai por nós, rezan o Rosario– camiñou o martes o Parque das Nações que acolle o Altice Arena e o centro neurálxico de Eurovisión 2018 en...

Meigas de Walpurgis

As meigas, ás cabaleirolas de vasoiras e cabras; en carros tirados por gatos como a mesmísima Freia. As netas das bruxas que non puideron queimar pregúntanse nas rúas e nas redes que pasaría se o medo mudase de bando

Celeste dos cravos

A muller que lle puxo nome á revolución portuguesa é unha anciá de case 85 anos, filla dunha inmigrante galega e vive cunha pensión de 370 euros ao mes

Cousas da prensa local

Querería velos eu a eles nunha sección de comarcas, a facer fontes nese lugar onde  toman os viños e acoden ás reunións da Anpa

O cuñado e as curmás. EP

Mamarracha e teimuda

Cada capítulo de The Royals é coma un videoclip kitsch de cincuenta minutos. Con conspiracións, sexo, drogas, reis republicanos e cuñados vestidos de Marichalar

Primeiro de escandiguai

Antes dos dez anos cheguei a desenvolver unha furia polas suecas que nin Alfredo Landa cando era Fraga ministro de Información e Turismo

De volta á Idade Media

TANTAS VECES estes días, sempre que un xuíz decide enchoupelar un rapeiro, ao confundirmos os delitos de odio e a liberdade de expresión —e viceversa—, cando comprobamos que os do boicot aos produtos cataláns e quen celebran os excesos das mentes uniformadas están a facer senón máis si tanto pola independencia como a memoria de Guifré el Pilós e o lazo marelo de Guardiola...

A grinch da primavera

Para quen vivimos ao abrigo do microclima da Volta da Viña, a estación chega uns días antes que para as de Garabolos ou As Gándaras

De Recatelo a Montorio

Estabamos moi ocupadas e non lle demos abonda importancia ao feito de que Rosendo Mercado vén de anunciar xira de despedida

A señora nai de Adam Smith

"Non é da benevolencia do carniceiro, o cervexeiro e o panadeiro de onde obtemos a nosa cea...". Deixe que me dea a risa

Cartel de Rosie the Riveter, inspirado en Naomi Parker Fraley

De súpeto, unha icona

Como adoitou suceder coa construción dos eternos femininos durante os últimos milenios, tamén os homes artellaron a Rosie The Riveter, a muller debuxada nos carteis de 'We Can Do It' en 1943

Vicky Larraz

'No controles'

Un día subimos ao carro para cantar. As de Hombres G. 'No es serio este cementerio', de Mecano, con córeo. E, sobre todo, Olé Olé

O amor non move o mundo

San Valentín ten a súa razón de ser porque nalgún momento había que facer maratóns de comedias románticas noventeiras

A vida en chándal

Nestes tempos da ditadura do 'skinny' e 'slim fit', algunhas prendas de roupa compórtanse como a miña bolacha campurriana de Proust

Aitana War. RTVE

Eurodramas

Os vascos de McGyver levaban chaleque e bigote. Os eurofáns españois desbotaron a opción de mandar perreo feminista a Lisboa

Un fotograma de 'El Cosmonauta'. EP

O traxe de Tereshkova

Alfredo e Víctor pasáronme hai uns días a ligazón do documental Hard as Indie  ou como todo o que pode saír mal nun proxecto audiovisual acaba por saír mal. El cosmonauta , non sei se lembran, foi unha longametraxe que empezou a xestarse hai agora dez anos e que viña para revolucionar o cine. Os seus promotores,...
O videoclip da túa adolescencia. EP

Ai, Dolores

En clase de inglés xogabas a encher ocos de texto en cancións. Á volta de Nadal, Helen sacou un cedé do bolso. 'No Need to Argue'