María Varela / A Lume Maino
María Varela / A Lume Maino
Ensaio do prestixioso ballet de Víctor Ullate en Pontevedra.

Como un paxaro

CANDO NO ANO 2000 vin a película de ‘ Billy Elliot ’, daquel neno que daba reviravoltas na cama e quería ser bailarín, un rapaciño inglés ó que o seu pai apuntara a clases de boxeo, pensei que se no día de mañá tiña fillos serían o que quixesen sen que ninguén puidera impedírllelo. Dei por feito que o futuro que estaba por chegar ía ser moito máis aberto e comprensivo, e...

Transmigrantes

TEÑEN ALGO DE perverso as redes sociais que amosan coa distancia mínima dun ‘scroll’ unha miscelánea brutal de actualidade. Unha ollada ó muro de Facebook e en décimas de segundo un pode marabillarse cunha estampa de primavera, sin rastro de nubes, con ducias de persoas paseando no domingo solleiro á beira da Ría de Pontevedra, tendendo as preocupacións de todos os días,...

Desde o refuxio

A PRIMEIRA VEZ que caeu nas miñas mans un artigo sobre o Holocausto tiven unha sensación claustrofóbica. Pouco despois, no cine agradecín que os regueiros de sangue que desfiguraban a beleza do inverno fosen de cor gris escuro. Ó remate daquel relato en branco e negro sobre Auschwitz foi tan angurioso como a saída da casa museo de Anna Frank en Amsterdam. Un ten que...
O arco da vella no ceo de Baiona, nun día de temporal.

Marcos, Roberto, Antonio, Carlos...

Marcos viaxa moitísimo. É unha das súas grandes paixóns. O mar, a outra. Confesa estar namorado das Rías Baixas e visitalas sempre que o seu traballo llo permite. Gústanlle no verán, porque adora estarricarse ó sol nunha das praias de area branca que debuxan o perfil atlántico como a súa nai o trouxo ó mundo e esvaecer os seus pensamentos ó tempo que se lle vai dourando a...

Contando ausencias

 «Extraño salir a pasear con vos y pasar media hora con cada cosa. A veces salimos sin rumbo (...) Ojalá pueda volver a hacerlo pero, si no puedo, quiero que sepas que fueron los momentos más felices de mi vida. Y te amo»  [María Vázquez, ‘El cuaderno de Nippur’] PASOU OS primeiros tempos buscándoa por todas partes. Aquela cidade de pedra coroada por...
O ‘Cuaderno de Nippur’, que a autora María Vázquez escribiu ó seu fillo antes de morrer de cancro.

O rumor da ría

"Bailando un valse o mar riza e desriza  saias fruncidas" [Haiku. Poesía mínima. Helena Villar Janeiro] As mans de Carmen falan alto e claro. Engurradas, coa pel curada polo mar e o estampado que van pintando as décadas. Non hai tantos anos que non aran a terra, aínda que os ósos non lle permiten apertalas coa mesma forza, como cando arañaba a area...
Unha aula baleira.

A carta de Diego

Cando hai uns días a mestra de quinto de Infantil preguntou á súa compañeira: «Que lle pasa a Alma?», esta encolleuse de brazos. "Que lle vai pasar? Ten catro anos, estará enfadada ou durmiría pouco". Pero non. Patri, mestra desde hai algo máis que vinte anos, levaba uns días observando que a pequena apenas sorría, que no patio nin probara a merenda e, co que lle gustaba...
Dúas nenas observan o mundo a través dun cristal dun acuario.

"Paso dos clicks azuis"

"Ten que haber personaxes femininos que sexan fortes, valentes, azoutas... para contrarrestar como funciona a sociedade e que as nenas saiban que non teñen que ser modelos, que poden saír do canon e sobrevivir" [Ledicia Costas, Revista 10 de xaneiro de 2016] Incluso nun luns que ata a ciencia tilda de matematicamente triste e apático, xorden noticias capaces de...
Unha muller pasea por un parque nevado á beira do Bósforo en Estambul (Turquía) .

A neve e o mar

Se hai algo que namora de xaneiro é a neve. Tan suave e tan fría, delicada e implacable a un tempo. Capaz de transformar en idílicas postais brancas as paisaxes que agarima. Ese son xordo ó pisala. A sensación de conter o inverno na boca cando unha folerpa se derrete na lingua ou esas cóxegas no ollar cando outra pousa nunha pestana. Imaxino que ver a neve fundirse co mar...

Un novo amencer

DE ENTRE todas as imaxes que caen nestas datas polas redes sociais como folerpas de neve nun inverno dos de antes hai unhas especialmente fermosas que bailan coma bolboretas tralas ventás de facebook. Son unhas fotografías de voda como as que hoxe durmen entre as páxinas de veludo e seda de calquera casa. Esas que gardan retratos de conto con final feliz. Con soños de...

Por unha noite en paz

A Noiteboa deste ano promete ser a máis política da última década. Cos resultados electorais aínda quentiños, todo parece presaxiar que as mesas de moitos fogares converteranse en improvisados congresos de deputados nos que, en familia e en van, tratarase de poñer orde a este país multicolor entre un cóctel de ideoloxías e pratos variados, unha macedonia de siglas, azucre...
Unha nena trata de atrapar un globo de xabón.

Ante todo, un pouco de ilusión

Se vostede acaba de aterrar nesta páxina fuxindo de todo canto ten que ver coa cita do 20D está de noraboa. Vén de atopar un pequeno refuxio. Neste recuncho non hai sitio para nada que teña que ver coa campaña electoral. Aquí non imos nomear ós candidatos, nin tampouco falar das súas ideas, nin das súas polémicas, nin dos seus sorrisos branqueadísimos. Se, pola contra,...
A escritora e académica Fina Casalderrey, nunha imaxe de arquivo, preparando unha torta de mazá.

Cociñeiras e outras historias

Miña avoa tiña unha receita infalible. Era quen de xuntar os padais máis dispares e esixentes en torno á mesma mesa e deixalos ó borde da éxtase domingo tras domingo. O mesmo daba que alí se xuntaran irmáns que cuñados, comensais de dereitas e esquerdas, ou seareiros do Celta e do Dépor. Incluso nos días de eleccións ou polo Nadal, unha vez empezaba o desfile de bandexas...
Luces de Nadal na rúa Velázquez de Madrid.

Luces e sombras

"Velaquí o meu segredo, que non pode ser máis simple: Só co corazón pódese ver ben; o esencial é invisible para os ollos" [O Principiño, Saint-Exupéry] Aceptémolo. Vivimos na época do consumo, na que cada efeméride ten a súa excusa comercial, nun tempo volátil no que milleiros de persoas son quen de facer cola ás portas dunha nova tenda aínda que chova, antes que...
Altar improvisado na rúa en París

París no corazón

A nai de Laura naceu en Montpellier, o seu pai en Ribadeo e os fillos en Chipre. Xurista e veciña de Pontevedra, considérase unha cidadá do mundo que pasou parte da súa nenez entre Galicia e Francia. Aínda que naceu en Valencia e estudou en Toulosse, é París a cidade que leva no seu corazón, a que a marcaría para sempre e a que hoxe dá nome tamén a un dos seus fillos. A...
Imaxe tomada na Marcha contra as Violencias Machistas

Rosas Violetas

"No hay barrera, cerradura ni cerrojo que puedas imponer a la libertad de mi mente" [Virginia Woolf] Se son sinceira, cando sentei diante do folio en branco non pensaba escribir sobre o 7N, nin sobre machismo, nin sobre a violencia contra as mulleres. Quería falar de emprego. Da emigración dos nosos mozos. Do problema dunha sociedade que perde gota a gota o seu...
Imaxe de outono

Nove estampas para un outono

O outono xa non é o que era. Soleado, morno, anda estes días co ánimo de primavera. Nin sequera cando chove un ten a sensación de atravesar outubro. Nin cun cucurucho de castañas entre as mans. Están os armarios confusos, e tamén os ríos e as aves viaxeiras. O arco da vella asoma por duplicado nun ceo de nubes que ben podería agardar o pistoletazo de saída daquelas...

A terra menguante

DEI POR casualidade cunha mestra sen aula. Colocaba amodiño caraveis vermellos sobre unha táboa de mármore nun camposanto do interior galego. Era fraca e levaba unha ‘chupa’ de coiro e o cabelo cortado ó un. Cruceina nun dos corredores de pedra e veuse cara min. Agachouse diante da miña filla pequena e dixo con acento da casa: "Voulle atar os zapatos á nena, sabes por...

Boquete, lume e mamá

TEÑO QUE confesar que me gustaba máis o fútbol de nena, cando no colexio de monxas estaba mal visto que as cativas miúdas corresen coa saia de táboas pola banda, no canto de saltar á comba ou cantar iso de "pase misí, pase misá", que na actualidade. Daquela, atrapada pola fascinación que esperta ese mundiño -ata un cuarto de hora antes de Vero Boquete reservado para eles-,...
Imaxe de arquivo de alumnos de Campelo na horta do colexio

O espantallo de Campelo

EN CERTA ocasión, un médico de urxencias que non era pediatra, nun desafortunado intento de achegarse á súa paciente de cinco anos preguntoulle: «E ti, a que colexio vas?». «Ó de Campelo», contestou ela orgullosa. «Pero se aí son todos uns brutos!», dixo o doutor deixando ó aire os seus prexuízos e falta de educación. «Non. Ese non é o meu cole. O meu cole é o mellor do...