Grupo Doxa de Filosofía
Grupo Doxa de Filosofía

Coñecer e pensar

ADORNO, TRALA Segunda Guerra Mundial, modifica o imperativo categórico kantiano para afirmar: «Actúa de tal maneira que Auschwitz non se volva repetir». No mesmo sentido Hannah Arendt, referíndose ao Holocausto, repite: «Xa vivimos o inferno e este pode volver suceder». Arendt, no seu estudo sobre a banalidade do mal establece unha interesante distinción entre coñecer e...

Reorientar a mirada

NON SEI SE a seguinte situación lles di algo: hora de comer/cear, televisión accesa na cociña, charla desinteresada co ruído de fondo que chega do aparato e de pronto, comezan a falar e amosar imaxes de refuxiados, atentados, miserias, fames, deportacións ou crueldades tales que descualifican a calquera que se asome...

Expropiación de la filosofía

A FILOSOFÍA proporciona un análisis y capacidad de reflexión transversal que debería estar presente en todas las disciplinas que tienen por objetivo mejorar la comprensión del mundo actual y desarrollar respuestas adecuadas a los retos a los que nos enfrentamos». «La filosofía es una disciplina que estimula el pensamiento...

Colaboracionismo

SEGURAMENTE, unha ampla maioría de profesores e profesoras de filosofía utilizamos nalgún momento un pequeno texto de Bertrand Russell, extraído do seu libro ‘Os problemas da filosofía’, onde caracteriza o «home que non ten ningún verniz de filosofía». A intención sería suscitar no alumnado,que se achega por primeira vez á filosofía no bacharelato, o interese pola...

Cidadanía aprazada

O QUE SUBSCRIBE é un dos perennes aspirantes a acadar a categoría de cidadán que, condicionado pola implacable ditadura dos anos, empeza a desesperar de acadala algún día. Padecemos o franquismo, que prohibiu por decreto ata o uso mesmo da palabra, máis tarde o franquismo sen Franco deu paso á democracia formal pola que transitamos e que, aínda que recuperou a palabra,...

Unha democracia devaluada

VIVIMOS NUNHA democracia procedimental absolutamente exigua que non axuda a comprender a esencia do propio sistema democrático. Cómpre lembrar algún dos valores e actitudes que subxacen á palabra democracia: a representación efectiva da oposición política, o control do sistema democrático pola cidadanía co fin de que...

Oradores ou engaioladores?

SABER CONSTRUÍR argumentos e ter as habilidades necesarias para defender as propias opinións forma parte do exercicio que todo cidadán debe saber poñer en práctica no contexto democrático. Sen dúbida, se non aprendemos isto a nosa participación queda disminuída, e moitas grandes ideas quedarían reducidas á reflexión solitaria sen posibilidade de ser compartidas para...

Memento vivere

'MEMENTO MORI’ é o voo da curuxa unha frase latina que pretendía recordar ás persoas a súa condición mortal: «Lembra que es mortal». Usada como tópico na literatura e na arte europeas, tiña como función conxurar a vaidade da existencia e facer pensar na futilidade de amorear bens e propiedades diante dunha morte inelutable. Na súa forma extrema podería considerarse como...

Esa viaxe inevitable

ESTAMOS NO OUTONO e xa non queda lonxe o mes de Santos, tempo que o calendario destinaba a prestar atención a esa derradeira viaxe que teremos que emprender nalgún momento cara o descoñecido destino denominado comunmente como o alén. Seguindo esta vella tradición, expóñense deseguido algunhas reflexións verbo dun tema que adoita ser desacougante. Dicía o vello Heráclito...

Teoría del héroe

P UEDE QUE que las turbulencias de la crisis, y sobre todo las ganas de dejarla atrás, convenientemente manejadas desde el poder en período electoral, nos impidan ver dónde está lo esencial: qué es lo que queremos y qué debemos desear. En gran parte de la historia se forjaron modelos vitales para balizar la búsqueda de la felicidad y la justicia, modelos propiamente...

Prostitución, o oficio máis vello do mundo?

HAI CERTOS datos de interés que nos poden axudar a entender: O 90% das persoas que exercen a prostitución son mulleres, o 3% homes e o 7% transexuais; o 87% son mulleres migrantes procedentes de América Latina, África Subsahariana e nos últimos anos de Europa do Leste -aínda que coa crise as mulleres españolas vense forzadas a voltar a esta situación-; catro millóns de...

¿Xa empezou a próxima crise?

O ANUNCIO de que a crise rematou por parte dos que interesadamente a provocaron e xestionaron vén coincidir co inicio da crise seguinte. O capitalismo deseña ciclicamente as súas propias crises, ás que dota de diferente profundidade e obxectivos concretos, segundo a súa comenencia en cada caso. Independentemente da énfase que poña en algún obxectivo puntual, todos obedecen...

Animalia

NALGUNHAS CIDADES e pobos perviven costumes e tradicións nas que o elemento central de diversión consiste no maltrato de animais de todo tipo como touros, cabalos, bois, cans ou galos. Son rituais sanguentos xa institucionalizados e caracterizados por unha crueldade absolutamente gratuíta que resultan moralmente vergoñentos. Ás veces semella que seguimos anclados na Idade...

Pan e respecto

AS OPCIÓNS QUE representan os partidos políticos son algo máis que paquetes de medidas prácticas para darlles solución aos nosos problemas: na súa base está unha interpretación do que é o ser humano, e no seu horizonte, o modelo social que a esa interpretación lle corresponde. Convén non olvidalo, porque a democracia neoliberal (se é que tal cousa é posible) corre o risco...

Ética e sabedoría

É OPINIÓN COMÚN afirmar que desexar a sabedoría é algo atípico. A curiosidade aínda goza dalgún prestixio social, mais a busca da sabedoría hai tempo que non. O poder (político, económico) ditamina que diante da fragmentación e especialización dos coñecementos, a sabedoría é imposible, e a súa busca va. Acusa de inxenuo e incauto a quen a quere. De iluso e ridículo quen vai...

'Ars amandi'

AFIRMA MICHEL Foucault na súa ‘ Historia da sexualidade’ que a nosa civilización carece de algo semellante a unha ‘ars erotica’ que como queda rexistrado nos textos históricos tiveron a fortuna de posuír os habitantes doutras idades. Neste senso o profesor Xosé Manuel Domínguez Prieto no limiar da súa obra ‘Alén da libido’ sinala que: "Historicamente, temos...

Pedras que falan (un centenario)

IGUAL QUE o ceo estrelado está cheo de signos que non son inmediatamente descifrables, moitas pedras espalladas polos montes de Galicia conteñen unha simboloxía que solo é significativa para os que dominan certas claves, pedras e estrelas que falan unha linguaxe misteriosa, aberta ás interpretacións pero sobre todo necesitada de estudo e investigación. Un dos...

Viaxar é difícil

TEÑO amigos moi precavidos que presumen de GPS e non saben o que é perderse nas estradas. Eu non estou por principio contra os avances da tecnoloxía, pero cando falamos deso sempre penso nos tecedores que según McLuhan perderon habilidade manual cando apareceron os telares mecánicos, ou nos placeres difíciles do viaxeiro a pé, porque toda ferramenta é en parte anestésica e...

Condenado ao ostracismo

VIVIMOS NUN período de emerxencia social motivado por unha crise estrutural do sistema capitalista, que moitas veces imaxinamos como conxuntural. As transformacións levadas a cabo polo capitalismo en países como España, Portugal, Italia, Grecia, etc. colocaron as persoas como as súas vítimas creando nelas o desarraigamento ante un mundo que se lles presenta hostil....

Maridaxe perfecta

AÍNDA QUE QUE a recente toma de posesión de cargos electos e a simultánea finalización do curso escolar ordinario non aparentan ter unha relación inmediata, en canto afondamos algo na realidade presente e nas consecuencias futuras, a relación tórnase evidente. Vexámola. Parte dos resultados electorais permitirían albiscar no horizonte, distante, iso si, un leve elemento...