Grupo Doxa de Filosofía
Grupo Doxa de Filosofía

Somos claroscuro

NEGAR A bipolaridade claro-escuro que acompaña ós humanos ó longo da nosa vida supón, ademais de negar o evidente, renunciar a intentar aproximarnos ó coñecemento da natureza humana e ás consecuencias prácticas, individuais e colectivas, que se dela se derivan. Ámbolos dous polos son inherentes á condición humana, formando parte dos pensamentos, da conduta e da...

Os estranxeiros

O DOMINGO pasado, oito de abril, coñecemos o resultado das eleccións en Hungría onde o partido xenófobo do señor Orbán acadou a súa cuarta maioría consecutiva que lle permite continuar no poder, aínda que segundo os analistas internacionais, ten unha relación cos dereitos humanos pouco ortodoxa. Para eses analistas, a mencionada relación, especialmente no que atinxe a...

A discriminación das mulleres

AO LONGO da historia as mulleres foron perseguidas, ignoradas ou descualificadas do mesmo xeito que outros grupos sociais dominados. As súas achegas intelectuais non foron do agrado de moitos sectores políticos nin dos circuítos de control do coñecemento ao longo dos séculos. Aínda que Aspasia de Mileto escribía os...

Consensos urxentes da sociedade actual

TODO RÉXIME de goberno democrático enténdese operado a través de partidos políticos que, por definición, traducen en leis os criterios da cidadanía da que se constitúen en representantes pero, a cotío, se produce unha sobreactuación e xa non se trata de representar senón de construír ditos...

A Historia que nunca se conta

EN CERTA medida, o ensino primario e o secundario consisten en cargarse dunha serie de prexuízos, que ao longo da túa vida terás que ir desaprendendo se a sorte e a curiosidade te acompañan. Medrei interiorizando —sen ter ningún tipo de conciencia sobre iso— que a historia da humanidade, dos seus actos e pensamentos,...

Orde e continxencia

A CUESTIÓN DA orde, e o seu sentido, retorna a nós como espectro do reprimido. Desde os recantos dos puntos cegos da reflexión, regresa, e pide ser repensada. Reclama recuperarse na consciencia de varias xeracións que fixeron dela un ángulo morto, o grao cero da comprensión, o personaxe que encarna a comedia do sen sentido e a...

Consensos urxentes na sociedade actual

TODO RÉXIME de goberno democrático enténdese operado a través de partidos políticos que, por definición, traducen en leis os criterios da cidadanía da que se constitúen en representantes pero, acotío, prodúcese unha sobreactuación e xa non se trata de representar senón de...

'Fake News' ou noticias falsas?

CANDO EN 1938 Orson Welles emite o programa de radio ‘A guerra dos mundos’, non está tratando de fundar as ‘fake news’, pero si consegue alterar a aprehensión da realidade; é de sobra coñecido o efecto devastador e o pánico que induciu nos seus oíntes que, incrédulos nun primeiro momento, e aterrados...

Quizais...

QUIZAIS ESTE tema sexa xa coñecido, eu mesma escribín varios artigos sobre esta temática ou tocando aspectos que forman parte del: o patriarcado. Pero non podo deixar de escribir sobre isto cando no 2017 en España foron asasinadas 52 mulleres, segundo as estatísticas oficiais e 97 cando falamos de feminicidios fose do campo da oficialidade...