Domingo. 20.01.2019 |
El tiempo
Domingo. 20.01.2019
El tiempo

Redactora de El Progreso na sección de Local. Especialista en información da área municipal. Tamén podes seguirme na miña conta de Twitter.

A política estéril aborrece

Hai anuncios cos que os partidos perden as vergonzas e os territorios, oportunidades É ASOMBROSA a miopía e o descaro que amosan os partidos políticos neste país -así, en xeral- á hora de tentar sumar vontades e de xustificar accións. Axuda, parece evidente, o sentido pouco crítico do electorado -así, en xeral-, que só parece reaccionar en situacións extremas (11-M,...

A política estéril aborrece

É ASOMBROSA a miopía e o descaro que amosan os partidos políticos neste país —así, en xeral— á hora de tentar sumar vontades e de xustificar accións. Axuda, parece evidente, o sentido pouco crítico do electorado —así, en xeral—, que só parece reaccionar en situacións extremas (11-M, profundísima crise económica como a dos últimos anos...). E o peor é que, ás veces, un non...
_tej3630.jpg

Danos políticos colaterais

CONCELLO de Lugo vive momentos difíciles por circunstancias distintas e xa explicadas. Son, fundamentalmente, a revisión da relación de postos de traballo (RPT), que ten dividido o persoal e o goberno sometido a moita presión; o atasco no pago de facturas atrasadas, que condiciona enormemente a economía e o funcionamento do Concello; e os contratos caducados, que xunto ás...
ADE2209P96F1.JPG

Ping Pong no Concello

O CIDADÁN que acude ao Concello a buscar un certificado ou a facer un trámite sinxelo non o percibe, pero pode que poucas veces a administración lucense —e quen a goberna— vivira unha situación tan complicada como a actual, alomenos na historia recente. Pode que nin nos tempos de rexistros xudiciais e imputacións, nos que o goberno de Orozco pouco menos ca se deixaba ir, a...

Sentido común é o que fai falta

As alertas meteorolóxicas vánsenos das mans e dan lugar a situacións absurdas TOMAR DECISIÓNS para milleiros de cidadáns, cada un coas súas circunstancias, sempre deixa descontentos. Se a administración non é previsora con, poñamos por caso, o empeoramento meteorolóxico e non suspende a actividade nos colexios, seguramente haberá familias que vexan imprudencia. Se,...
ADE2109P43F1.JPG

Empezou a precampaña

A Xunta amosa máis interese por Lugo ca noutras épocas e o Concello ponse as pilas CANDO Feijóo chegou ao Goberno, suprimiu os delegados provincias das consellerías e nomeou unha superdelegación da Xunta, os xornalistas vaticinamos unha batalla entre a superdelegada Raquel Arias e o daquela todopoderoso presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro. Non chegou a...
ADE2009P83F1.JPG

C's toma a dianteira

A PRIMEIRA vez que a oposición escenificou a súa unión en contra do goberno foi nos primeiros meses de mandato, cando o voceiro popular, Jaime Castiñeira , aproveitou a súa veteranía e a impericia dos demais e promoveu un acordo plenario para solicitar a municipalización e a gratuidade da Ora. É posible que ese sexa o camiño que deba seguir este servizo, máis aínda despois...
ADE2009P12F1.JPG

As incógnitas da escolarización

Ábrese o período de reserva de praza e hai colexios con cuestións pendientes de resolver ESTA SEMANA abriuse o período para solicitar praza nos colexios para nenos de tres anos e, como sucede sempre, desatouse o nerviosismo entre os pais que están nesa situación. Non é para menos porque, aínda que non é unha decisión que non teña volta atrás, o colexio é o lugar onde o...

Funcionarios ou empresas privadas?

A CORPORACIÓN lucense acordou esta semana a municipalización integral do servizo de xestión tributaria, posto que hai anos que a recadación das multas de tráfico, o cobro das taxas e tributos que os cidadáns non pagan en período voluntario e outros labores, como a «inspección e colaboración na xestión en materia catastral», fainos a empresa Tribugest. É este o terceiro...
ADE1809P129F1.JPG

Paz sindical con talonario

O GOBERNO lucense superou unha das probas máis difíciles que tiña por diante, o apoio dos sindicatos á nova relación de postos de traballo (RPT) do Concello. O 80% dos delegados das cinco forzas con representación na mesa negociadora avalou a proposta tras semanas de quita e pon no documento. Só a CIG votou en contra. No órgano non está o sindicato que representa a máis...
ADE1809P80F1.JPG

O peto roto do Concello

O CONCELLO de Lugo ten contas saneadas. Non ten problemas de liquidez, pecha os exercicios con cartos sen gastar e, aínda así, é a terceira cidade de España que máis tarda en pagar aos seus provedores (139 días). As razóns, xa explicadas, van dende o caos que houbo durante máis dun ano no servizo eléctrico a que o módulo que permitirá a tramitación interna das facturas...

O tempo como espectáculo

HAI INVESTIGADORES que cren que aínda non hai suficientes datos científicos para constatar a teoría do quecemento global e o cambio climático -os meteorólogos, por exemplo, en xeral son reacios a falar con rotundidade neses termos-, pero o fenómeno cada vez parece máis incontestable e incluso investigadores que hai uns anos eran escépticos acaban por rendirse ás evidencias....
ADE1609P149F1.JPG

Ladran, logo cabalgamos

DESPOIS DE meses escoitando a C'’s criticar a política fiscal deste país e opoñerse a novos impostos, en Lugo acaba de pedir a creación dun novo tributo para os cans urbanos, que sería de 10 ou de 15 euros anuais, segundo o tipo de animal. O obxectivo sería recadar fondos para ampliar e mellorar as instalacións das mascotas e para axudar á Protectora. A proposta recibiu...

Erros que desmerecen éxitos

UN VENRES deste mes preto do mediodía, un cidadán chama ao Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) do Concello para contactar cunha das empresas que se aloxa nel. A persoa que atende o teléfono non coñece a firma, non ten maneira de pasar a chamada e tampouco dispón do número de teléfono, asegura. Nin desta nin das demais. O seu compañeiro non está e el non sabe, di....
ADE1509P33F1.JPG

Do cemento á revexetación

A CABALGATA de Reis de Lugo tivo que variar o percorrido este ano porque as carrozas non collían pola Praza de San Marcos. Estivo presta a Policía Local advertíndoo; lástima que non calculara o tempo que ía durar o novo traxecto e que os nenos tiveran que agardar unha hora polos Magos na Praza Maior. San Marcos é un lugar que, dende que foi transformado en praza, perdeu...

A loucura de alimentarse

CARLOS SPUCH, investigador do grupo de Enfermedades Neurodexenerativas do Instituto de Investigación Sanitaria de Vigo, defendeu esta semana en Lugo os beneficios que ten para o ser humano o consumo de leite de vaca, un alimento que sustentou, e sustenta, a alimentación de moitos pobos e que, duns anos para aquí, cada vez ten máis voces en contra. Apoiado na literatura...

Accedo, logo existo

CANDO AQUILINO González quedou tetrapléxico (1989) e un tempo despois empezou a saír á rúa en cadeira de rodas, a única opción era pasear entre coches e autobuses. Literalmente. Na cidade apenas había rampas e as que había eran perigosas e non levaban a ningún lado. Nin cafeterías, nin centros de ocio, nin edificios públicos... Nada era accesible. Case nin os centros de...

Tómalle unha no coffe shop

CANDO, HAI uns anos, Inditex abriu a súa tenda de roupa e complementos de fogar na Praza de Santo Domingo, Zara Home, máis dunha persoa se encamiñou ao establecemento en busca do que cría que anunciaba, prendas de home, sen decatarse —ou ao descoñecer, en moitos casos— de que o que indicaba era roupa de casa, home en inglés. É un exemplo simpático do que produce a crecente...

Arre ou xo ao goberno

BNG, e sobre todo Lugonovo, sosteñen un goberno que ven incapaz pero no que non reforzan SUPONSE QUE os partidos políticos se presentan ás eleccións coa finalidade de gobernar. Dende esa lóxica, a do interese público e non partidista, non é fácil entender o que sucede no Concello de Lugo. Lugonovo e BNG deron a alcaldía ao PSOE coa tese de que un goberno progresista...
ELP1611P2F1.JPG

Ten licenza a súa casa?

TEN A SÚA VIVENDA licenza de primeira ocupación? Seguramente non o saiba, porque é posible que non o comprobara cando a escriturou e que nin o vendedor nin o notario lle deran esa información. Semella unha irresponsabilidade por parte de todos, empezando polo comprador, pero é unha situación máis frecuente do que se pensa. A miúdo dánse as cousas por feitas ou non se pensa...

Ten licenza a súa casa?

TEN A SÚA VIVENDA licenza de primeira ocupación? Seguramente non o saiba, porque é posible que non o comprobara cando a escriturou e que nin o vendedor nin o notario lle deran esa información. Semella unha irresponsabilidade por parte de todos, empezando polo comprador, pero é unha situación máis frecuente do que se pensa. A miúdo dánse as cousas por feitas ou non se pensa...

A hora de ordenar a casa

XOGOU ao despiste o goberno local esta semana con iso de que será a empresa Eosa quen actualizará a relación de postos do traballo do Concello, documento que leva dez anos sen apenas tocarse. No intento de manter o hermetismo nun asunto que considera crucial -supostamente vai poñer as bases para solucionar moitos dos problemas do Concello- pero que seguramente tamén abrirá...

A hora de ordenar a casa

XOGOU AO despiste o goberno local esta semana con iso de que será a empresa Eosa quen actualizará a relación de postos do traballo do Concello, documento que leva dez anos sen apenas tocarse. No intento de manter o hermetismo nun asunto que considera crucial —supostamente vai poñer as bases para solucionar moitos dos problemas do Concello— pero que seguramente tamén abrirá...

Deberes temos todos

UNS LENTES. Iso é o que me deixaron a min os deberes escolares. Era segundo de primaria e don Manuel —así se nomeaban entón os mestres— introducíanos no mundo da división. Cando conto a anécdota sempre hai quen me discute —sobre todo os rapaces e os pais de hoxe— que dividíramos con sete anos, que iso tivo que ser noutro curso, pero teño gravado a solemnidade coa que don...

Un acordo cada dous días

EN SARRIA, esa vila onde a política municipal ten os seus propios canons, que basicamente consisten na ausencia deles, a alcaldesa convoca plenos sen asuntos a tratar. Vén a dicir que ao goberno non lle fan falta tantos plenos para xestionar e para facer política, que non sempre é o mesmo, e ás veces tampouco ten a ben incluir as propostas da oposición. Así que hai sesións...

O que a morte di de nós

O CEMITERIO de San Froilán será o escenario este ano dunha dramatización de ‘Don Juan Tenorio’ a cargo de tres grupos teatrais, dentro da programación que o Concello deseñou para conmemorar Defuntos. En anos anteriores xa houbo unha visita guiada nocturna, que se repetirá, e os concertos de música na necrópole convertéronse nun clásico. Son moitos os aspectos da vida cotiá...

Un ecoloxista en apuros

Daniel Piñeiro, edil de medio ambiente e socio de Adega, vive meses difíciles polo dique do río DOS MOITOS e díficiles asuntos que herdou Daniel Piñeiro como concelleiro de urbanismo, medio ambiente e persoal, a obra da fábrica da luz seguramente é dos que máis incómodo o fai sentir. O proxecto foi polémico desde a súa mesma concepción; unha vez empezou a materializarse,...

Un ecoloxista en apuros

DOS MOITOS e díficiles asuntos que herdou Daniel Piñeiro como concelleiro de urbanismo, medio ambiente e persoal, a obra da fábrica da luz seguramente é dos que máis incómodo o fai sentir. O proxecto foi polémico desde a súa mesma concepción; unha vez empezou a materializarse, non parou de enredarse, e Piñeiro ten que compaxinar a súa responsabilidade como político e xestor...

Llegó Feijóo y mandó parar

Enfrió las ganas de cambios del PP lucense, aunque podrían llegar a la delegación de la Xunta SE LAS PROMETÍAN felices en el PP lucense ya que, tras los buenos resultados que el partido cosechó en la ciudad el 25-S, algunos sectores de la formación esperaban el anuncio del retrasado congreso local y, con él, cambios en la dirección local y quizás también en el grupo...
ADE0509P96F1.JPG

A tempo de cambiar o paso

AS EXTRAPOLACIÓNS dos resultados electorais poden levar a engano, pero ademais de seren inevitables deberían de terse en consideración porque, do que non hai dúbida, é de que anticipan ou confirman tendencias. O 25-S confirmouse que o PP ten unha forza incontestable na cidade e na provincia, que o PSOE segue en caída e que a renovación de caras e de ton séntalle ben ao BNG....