Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Redactora de El Progreso na sección de Local. Especialista en información da área municipal. Tamén podes seguirme na miña conta de Twitter.

Caseta do polbo en San Froilán. SEBAS SENANDE

O cefalópodo, unha incógnita

Os cambios nas casetas e a carestía do polbo debuxan un panorama de San Froilán moi aberto

captura.jpg

Perdeuse un bo alcalde?

TRAS dezaoito anos, Jaime Castiñeira deixou o Concello quizais con peor imaxe da que merece. Certo que el contribuíu a ela incluso cando xa estaba cun pé fóra, ao poñer en risco que o edil Enrique Rozas poida empezar a percibir de inmediato a dedicación exclusiva que lle acaba de ser asignada, a raíz da reestruturación do grupo. É a que el mesmo lle retirou en 2011, o...

Equivocouse Rocha de partido?

EQUIVOCOUSE Santiago Fernández Rocha de partido cando aceptou ser o candidato de Lugonovo á alcaldía de Lugo? É unha pregunta que se escoitaba de cando en vez no Concello, na rúa e ás veces mesmo na súa organización, e que estes días volve a xurdir, a propósito do seu anuncio de renuncia. É coñecida, e foi instrumento de ataque en ocasións, a antiga militancia do político...

Espionaxe industrial coa auga?

O CONCELLO ten pendente sacar a concurso varios contratos de xestión de servizos nos vindeiros meses, algúns de gran importancia para a cidade e de contías elevadas, como o da depuradora e o da potabilizadora. Os dous levan moitos anos en mans de Gestagua; os últimos cinco, co contrato caducado. Son, a priori, concesións moi apetecibles para as empresas do sector, que...

Un colexio no centro

A XUNTA ten anunciada a construción dun colexio no barrio do Sagrado Corazón, pero non parece moi discutible que no centro da cidade fai falta outro. É unha zona na que traballan moitos pais e a proximidade ao traballo é un dos factores que máis se teñen en conta á hora de escoller colexio, xa que os únicos centros que dispoñen de servizo de transporte público son os de As...
_sen8087.jpg

Un agridulce paso de ecuador

Se han cumplido dos años de las elecciones municipales, Lara Méndez está a punto de cruzar el ecuador de su mandato al frente del Ayuntamiento y toca hacer balance y definir la línea de acción para los dos años que faltan. Con lo arriesgadas e injustas que a veces son las comparaciones, porque las condiciones de gobierno nunca son las mismas y en el día a día de una ciudad...

Santa Rita para os imposibles

* Os funcionarios municipais festexan a patroa nun clima de división pola incerteza da RPT SE NON perderon a fe, pode que este ano máis que nunca os funcionarios do Concello de Lugo se encomenden a Santa Rita, patroa e dise que avogada do imposible. Porque imposible parece unha saída ao conflito laboral que se vive no Concello dende hai semanas a conta da revisión da...

Santa Rita para os imposibles

Os funcionarios municipais festexan a patroa nun clima de división pola incerteza da RPT SE NON perderon a fe, pode que este ano máis que nunca os funcionarios do Concello de Lugo se encomenden a Santa Rita, patroa e dise que avogada do imposible. Porque imposible parece unha saída ao conflito laboral que se vive no Concello dende hai semanas a conta da revisión da...
vomito.jpg

Vómitos que duran un mes

Lugo paga 600.000 euros ao mes a Urbaser pero hai rúas que nese tempo non ven a auga A FIN de semana anterior a Semana Santa alguén se sentiu indisposto nunha rúa de Lugo e acabou vomitando na beirarrúa. No medio e medio, en dous puntos separados por dous ou tres metros. Seguramente non lle deu tempo a atopar mellor lugar para aliviar. Que se lle vai facer! Nin ese día...

O pobo, sempre de último

A negociación do orzamento local probou que nin o goberno nin a oposición están á altura NOS POLÍTICOS que ocupan postos nas institucións sempre se deu a disxuntiva entre a defensa do interese público e do partido, pero cada vez é menor e menos disimulada. Acaba de verse na fracasada negociación do orzamento da cidade. Na asemblea de Lugonovo escoitáronse...

Un Concello sen funcionarios

O problema de falta de persoal agrávase e págano os políticos, pero máis ainda os cidadáns A QUEIXA de que no Concello de Lugo hai escaseza de persoal escóitase dende hai anos da boca de políticos, sindicatos e funcionarios, case sempre para xustificar o moito que tardan en saír adiante os asuntos e os problemas na xestión diaria. Hai máis causas. Nalgúns asuntos pode...

Un concello sen funcionarios

O problema de falta de persoal agrávase e págano os políticos, pero máis aínda os cidadáns A QUEIXA de que no Concello de Lugo hai escaseza de persoal escóitase dende hai anos da boca de políticos, sindicatos e funcionarios, case sempre para xustificar o moito que tardan en saír adiante os asuntos e os problemas na xestión diaria. Hai máis causas. Nalgúns asuntos pode...

O problema non (só) é escavar

A PRESENZA, hai uns días, dalgunha peza arqueolóxica á intemperie, e supostamente ao alcance de calquera, nunha parcela a carón de Bispo Aguirre chamou a atención a algunhas persoas polo suposto descoido do material. Seguramente as pezas non estaban onde deberían —os responsables, o promotor e o director da escavación, explican que as moveron os traballadores da obra civil,...

A política estéril aborrece

Hai anuncios cos que os partidos perden as vergonzas e os territorios, oportunidades É ASOMBROSA a miopía e o descaro que amosan os partidos políticos neste país -así, en xeral- á hora de tentar sumar vontades e de xustificar accións. Axuda, parece evidente, o sentido pouco crítico do electorado -así, en xeral-, que só parece reaccionar en situacións extremas (11-M,...

A política estéril aborrece

É ASOMBROSA a miopía e o descaro que amosan os partidos políticos neste país —así, en xeral— á hora de tentar sumar vontades e de xustificar accións. Axuda, parece evidente, o sentido pouco crítico do electorado —así, en xeral—, que só parece reaccionar en situacións extremas (11-M, profundísima crise económica como a dos últimos anos...). E o peor é que, ás veces, un non...
_tej3630.jpg

Danos políticos colaterais

CONCELLO de Lugo vive momentos difíciles por circunstancias distintas e xa explicadas. Son, fundamentalmente, a revisión da relación de postos de traballo (RPT), que ten dividido o persoal e o goberno sometido a moita presión; o atasco no pago de facturas atrasadas, que condiciona enormemente a economía e o funcionamento do Concello; e os contratos caducados, que xunto ás...
ADE2209P96F1.JPG

Ping Pong no Concello

O CIDADÁN que acude ao Concello a buscar un certificado ou a facer un trámite sinxelo non o percibe, pero pode que poucas veces a administración lucense —e quen a goberna— vivira unha situación tan complicada como a actual, alomenos na historia recente. Pode que nin nos tempos de rexistros xudiciais e imputacións, nos que o goberno de Orozco pouco menos ca se deixaba ir, a...

Sentido común é o que fai falta

As alertas meteorolóxicas vánsenos das mans e dan lugar a situacións absurdas TOMAR DECISIÓNS para milleiros de cidadáns, cada un coas súas circunstancias, sempre deixa descontentos. Se a administración non é previsora con, poñamos por caso, o empeoramento meteorolóxico e non suspende a actividade nos colexios, seguramente haberá familias que vexan imprudencia. Se,...
ADE2109P43F1.JPG

Empezou a precampaña

A Xunta amosa máis interese por Lugo ca noutras épocas e o Concello ponse as pilas CANDO Feijóo chegou ao Goberno, suprimiu os delegados provincias das consellerías e nomeou unha superdelegación da Xunta, os xornalistas vaticinamos unha batalla entre a superdelegada Raquel Arias e o daquela todopoderoso presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro. Non chegou a...
ADE2009P83F1.JPG

C's toma a dianteira

A PRIMEIRA vez que a oposición escenificou a súa unión en contra do goberno foi nos primeiros meses de mandato, cando o voceiro popular, Jaime Castiñeira , aproveitou a súa veteranía e a impericia dos demais e promoveu un acordo plenario para solicitar a municipalización e a gratuidade da Ora. É posible que ese sexa o camiño que deba seguir este servizo, máis aínda despois...
ADE2009P12F1.JPG

As incógnitas da escolarización

Ábrese o período de reserva de praza e hai colexios con cuestións pendientes de resolver ESTA SEMANA abriuse o período para solicitar praza nos colexios para nenos de tres anos e, como sucede sempre, desatouse o nerviosismo entre os pais que están nesa situación. Non é para menos porque, aínda que non é unha decisión que non teña volta atrás, o colexio é o lugar onde o...

Funcionarios ou empresas privadas?

A CORPORACIÓN lucense acordou esta semana a municipalización integral do servizo de xestión tributaria, posto que hai anos que a recadación das multas de tráfico, o cobro das taxas e tributos que os cidadáns non pagan en período voluntario e outros labores, como a «inspección e colaboración na xestión en materia catastral», fainos a empresa Tribugest. É este o terceiro...
ADE1809P129F1.JPG

Paz sindical con talonario

O GOBERNO lucense superou unha das probas máis difíciles que tiña por diante, o apoio dos sindicatos á nova relación de postos de traballo (RPT) do Concello. O 80% dos delegados das cinco forzas con representación na mesa negociadora avalou a proposta tras semanas de quita e pon no documento. Só a CIG votou en contra. No órgano non está o sindicato que representa a máis...
ADE1809P80F1.JPG

O peto roto do Concello

O CONCELLO de Lugo ten contas saneadas. Non ten problemas de liquidez, pecha os exercicios con cartos sen gastar e, aínda así, é a terceira cidade de España que máis tarda en pagar aos seus provedores (139 días). As razóns, xa explicadas, van dende o caos que houbo durante máis dun ano no servizo eléctrico a que o módulo que permitirá a tramitación interna das facturas...

O tempo como espectáculo

HAI INVESTIGADORES que cren que aínda non hai suficientes datos científicos para constatar a teoría do quecemento global e o cambio climático -os meteorólogos, por exemplo, en xeral son reacios a falar con rotundidade neses termos-, pero o fenómeno cada vez parece máis incontestable e incluso investigadores que hai uns anos eran escépticos acaban por rendirse ás evidencias....
ADE1609P149F1.JPG

Ladran, logo cabalgamos

DESPOIS DE meses escoitando a C'’s criticar a política fiscal deste país e opoñerse a novos impostos, en Lugo acaba de pedir a creación dun novo tributo para os cans urbanos, que sería de 10 ou de 15 euros anuais, segundo o tipo de animal. O obxectivo sería recadar fondos para ampliar e mellorar as instalacións das mascotas e para axudar á Protectora. A proposta recibiu...

Erros que desmerecen éxitos

UN VENRES deste mes preto do mediodía, un cidadán chama ao Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) do Concello para contactar cunha das empresas que se aloxa nel. A persoa que atende o teléfono non coñece a firma, non ten maneira de pasar a chamada e tampouco dispón do número de teléfono, asegura. Nin desta nin das demais. O seu compañeiro non está e el non sabe, di....
ADE1509P33F1.JPG

Do cemento á revexetación

A CABALGATA de Reis de Lugo tivo que variar o percorrido este ano porque as carrozas non collían pola Praza de San Marcos. Estivo presta a Policía Local advertíndoo; lástima que non calculara o tempo que ía durar o novo traxecto e que os nenos tiveran que agardar unha hora polos Magos na Praza Maior. San Marcos é un lugar que, dende que foi transformado en praza, perdeu...

A loucura de alimentarse

CARLOS SPUCH, investigador do grupo de Enfermedades Neurodexenerativas do Instituto de Investigación Sanitaria de Vigo, defendeu esta semana en Lugo os beneficios que ten para o ser humano o consumo de leite de vaca, un alimento que sustentou, e sustenta, a alimentación de moitos pobos e que, duns anos para aquí, cada vez ten máis voces en contra. Apoiado na literatura...