Blog

Aprendizaxe para o futuro

Na redacción de Vilalba tiven a primera oportunidade para comezar a aprender o que de verdade é o xornalismo. Un xornalismo de preto, local e máis amable, que permite temas tan variados como creativos. Co seu encanto característico, desta etapa tamén me levei o coñecemento dos recunchos vilalbeses, de historias contadas polos seus habitantes e de anécdotas con personaxes ilustres da comarca que sempre lembrarei.

Aínda hoxe en día recordo cantas das cousas que aprendín naquela primeira etapa me serven agora para seguir mellorando. Recórdoas non só como as primeiras, tamén pola súa valía. Polo seu xeito de levalas a cabo e melloralas pouco a pouco con esforzo e traballo. Entrevistas, viaxes por parroquias e municipios para cubrir a actualidade. Festas e historias do rural que forman a identidade do pobo galego.

Sen dúbida foi unha gran aprendizaxe para as próximas etapas como xornalista en outros ámbitos e medios. Porque, coma quen di, o que un se leva das primeiras experiencias, nin se repiten nin se olvidan. Noraboa por este décimo aniversario informando e ensinando na comarca. Que moitas xeracións máis o poidan seguir disfrutandoo.

Comentarios