O Korbis faise coa vitoria nos derbis nas categorías cadete e infantil e o Emevé na xuvenil e alevín

Os resultados correspondéronse coas posicións que ocupan ambos os dous equipos nas táboas clasificatorias respectivas

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

A piques estivo o Emevé de perder esta fin de semana a súa imbatibilidade xa que tivo que forzar o quinto set no seu duelo ante o Burgas. Leva a vitoria o equipo lugués pero perde un punto, aínda que o seu liderado non está cuestionado, xa que vai 6 puntos por riba.

BURGAS 2 - 3 EMEVÉ

Sets: 13-25/25-2/17-25/25-20/7-15.
Cancha: O Pompeo.

 

LIGA GALEGA JÚNIOR MASCULINA 

Resultados xornada 13

Xiria 0-3 Boiro
Burgas 2-3 Emevé

Próxima xornada

Pontevedra - Xiria
San Sadurniño - Maniotas

 

 

Xuvenil

Xornada de derbi lugués con vitoria do Emevé sobre o Korbis. Os da capital cederon un set, o segundo, pero despois colleitaron tres triunfos que derivaron en tres puntos máis para o saco e reforzar así o seu liderado do grupo.

KORBIS 1 - 3 EMEVÉ

Sets: 23-25/25-16/20-25/18-25.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA XUVENIL MASCULINA 

Resultados xornada 13

Xiria 0-3 Boiro
Oleiros 3-0 Riveira
Korbis 1-3 Emevé

Próxima xornada

Korbis - Dumbría
Emevé - Oleiros
Riveira - Xiria
Boiro - Vigo

 

Cadete

O derbi cadete foi para o Korbis, que sobe ao posto de prata da competición. O Emevé, que leva tres derrotas consecutivas se mantén na sétima praza. Os locais foron moi superiores e non dubidaron.

KORBIS 3 - 0 EMEVÉ

Sets: 25-14/25-14/25-12.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA CADETE MASCULINA 

Resultados xornada 13

Maniotas 0-3 Dumbría
Vigo A San Sadurniño
CVP 1-3 Oleiros
Korbis 3-0 Emevé

Próxima xornada

Korbis - Dumbría
Emevé - Oleiros
Pontevedra - Coruña
San Sadurniño - Maniotas

 

 

Infantil

O Korbis arrollou ao Emevé no derbi da fin de semana non deixando ao equipo visitante acumular case puntos. Os monfortinos amosaron porque son os líderes da táboa e están invictos.

KORBIS 3 - 0 EMEVÉ

Sets: 25-10/25-16/25-5.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA INFANTIL MASCULINA 

Resultados xornada 13

Narón A Maniotas
Coruña 3-0 Boiro
CVP 3-1 Oleiros
Korbis 3-0 Emevé

Próxima xornada

Narón - Korbis
Emevé - Oleiros
Pontevedra - Coruña
Boiro - Vigo


Alevín

Na alevín foi o Emevé o que se fixo co dobrete de vitorias como líder que é do grupo mentres que o Korbis segue sumerxido no final da táboa.

 
LIGA GALEGA ALEVÍN MASCULINA 

Resultados xornada 13

Ourense 2-0 / 2-0 CVP
Korbis 0-2 / 0-2 Emevé

Próxima xornada

Emevé - Ourense
CVP - Coruña