O Emevé logra un pleno de vitorias esta fin de semana, na que non xogou en júnior

O Korbis só xogou na categoría infantil cunha vitoria contundente dende o liderado

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

Xornada de descanso para o Emevé trala disputada da quinta sesión. O líder volverá á competición a próxima fin de semana na casa contra o Xiria. 

LIGA GALEGA JÚNIOR MASCULINA 

Resultados xornada 5

Xiria 3-1 Pontevedra
Maniotas 0-3 San Sadurniño

Próxima xornada

Boiro - Maniotas
Emevé - Xiria

 

Xuvenil

Vitoria aplastante do Emevé, que segue líder incuestionable mentres que o Korbis, situado na sexta praza da xeral, aprazou o seu duelo co Dumbría.

OLEIROS 0 - 3 EMEVÉ

Sets: 4-25/18-25/21-25.
Cancha: Valle Inclán.

 

LIGA GALEGA XUVENIL MASCULINA 

Resultados xornada 5

Korbis A Dumbría
Oleiros 0-3 Emevé
Xiria 0-3 Riveira
Vigo 0-3 Boiro  

Próxima xornada

Riveira - Vigo
Emevé - Xiria
Oleiros - Korbis

 

Cadete

Difícil vitoria para o Emevé cadete, que a domicilio fíxose con dos puntos no seu duelo co Oleiros. 2-3 foi o resultado da sesión na que comezou gañando o equipo lugués pero con intercambio de sets moi igualados. Resultado que empuxa ao equipo cara arriba na táboa.

O Korbis perde o liderado de forma provisional tras aprazar o duelo co Dumbría pero segue invicto aínda que con dous partidos menos que o San Sadurniño.

OLEIROS 2 - 3 EMEVÉ

Sets: 18-25/25-17/26-24/23-25/13-15.
Cancha: Casa do Deporte.

 

LIGA GALEGA CADETE MASCULINA 

Resultados xornada 5

Dumbría A Korbis
Oleiros 2-3 Emevé
Coruña A 3-2 Pontevedra
Maniotas 0-3 San Sadurniño

Próxima xornada

Dumbría - San Sadurniño
Pontevedra - Vigo
Emevé - Coruña
Oleiros - Korbis

 

Infantil

Vitoria dos dous equipos da provincia. O Korbis facendo gala do seu liderado e sendo implacable ante o Narón, pechacancelas de grupo. O Emevé cedeu un set pero tamén superou ao Oleiros e suma tres puntos para manter a terceira praza.

KORBIS 3 - 0 NARÓN

Sets: 25-8/25-11/25-8.
Cancha: A Pinguela.

OLEIROS 1 - 3 EMEVÉ

Sets: 16-25/25-20/19-25/17-25.
Cancha: Valle Inclán.

 

LIGA GALEGA INFANTIL MASCULINA 

Resultados xornada 5

Korbis 3-0 Narón
Oleiros 1-3 Emevé
Coruña A 0-3 CVP
Vigo 3-0 Boiro

Próxima xornada

Boiro - Maniotas
CVP - Vigo
Emevé - Coruña A
Oleiros - Korbis


Alevín

O Emevé chega ao liderado trala dobre vitoria da fin de semana, aínda invictos. O Korbis non tivo duelo xa que lle tocou descansar situado na quinta praza.
 
LIGA GALEGA ALEVÍN MASCULINA 

Resultados xornada 5

Ourense 1-2 / 1-2 Emevé 
Coruña 2-0 / 2-0 Pontevedra

Próxima xornada

Pontevedra - Vigo
Emevé - Coruña
Korbis   Ourense