O Emevé júnior e o Korbis cadete métense nas semifinais da Copa Federación

O equipo da capital superou de novo ao Maniotas, mentres que os de Monforte venceron ao Calasancias, algo que non conseguiu o seu conxunto alevín, que foi eliminado

A segunda fin de semana de competición deixou a dous equipos lucenses clasificados para as semifinais da Copa Federación masculina, o Emevé conseguiu clasificarse na júnior e o Korbis na cadete. O Korbis alevín foi eliminado despois de ser derrotado de novo polo Calasancias.

Consulta as competicións aquí

     

Júnior

Despois da vitoria da semana pasada o Emevé repetiu resultado na casa contra o Maniotas na Copa Federación. Os lucenses foron moi superiores aos seus rivais, conseguindo levarse tódolos sets sen complicacións. Os dous triunfos danlles a clasificación para as semifinais, que se celebrarán a vindeira semana.
 

EMEVÉ 3 - 0 MANIOTAS

Sets: 25-09/25-13/25-12.
Cancha: Casa do Deporte.

 

COPA FEDERACIÓN - JÚNIOR MASCULINA
    

Resultados Cuartos

Xiria 1-3 Burgas Volei
Emevé 3-0 Maniotas
Boiro Voleibol D Aldebarán

Semifinais (15/10)

Boiro Voleibol - Burgas Volei
Burgas Volei - Boiro Voleibol
Aldebarán - Emevé
Emevé - Aldebarán

Xuvenil

En canto á xuvenil esta fin de semana non se disputou ningún duelo de Copa. O Emevé, clasificado directamente para as semifinais, terá que enfrontarse contra o Voleibol Dumbría a dobre volta para conseguir pasar á fase final.

 
COPA FEDERACIÓN - XUVENIL MASCULINA

Semifinais (15/10)

Boiro Voleibol - Voley Ribeira
Voley Riveira - Boiro Voleibol
Voleibol Dumbría - Emevé
Emevé - Voleibol Dumbría

 

Cadete

Na categoría cadete, o Korbis disputou o partido de volta de cuartos de Copa contra o Calasancias. Os monfortinos lograron vencer de novo ao equipo da Coruña, esta vez na cancha rival. Despois dun primeiro set que rematou cun 14-25, seguiron sendo mellores ata o final do duelo. O seu rival para semifinais será o outro equipo lucense, o Emevé.

CALASANCIAS 0 - 3 KORBIS

Sets: 14-25/12-25/09-25.
Cancha: Calasancias.

 
COPA FEDERACIÓN - CADETE MASCULINA

Resultados Cuartos

Aldebarán 3-1 CV Oleiros
CV Oleiros 0-3 Aldebarán
Calasancias 0-3 Korbis
Voleibol Dumbría D Emevé

                Semifinais (15/10)

Voleibol Dumbría - Aldebarán
Aldebarán - Voleibol Dumbría
Korbis - Emevé
Emevé - Korbis

 

Infantil

O Korbis aínda non saíu á pista na categoría infantil, pero farao a semana que ven nas semifinais da Copa. Tocaralles enfrontarse contra o Calasancias tanto na Coruña como na Pinguela.

COPA FEDERACIÓN - INFANTIL MASCULINA

Resultados Cuartos

Calasancias 3-0 Narón Volea
Vigo Voleibol 3-0 CV Pontevedra
Korbis D Boiro Voleibol

                Semifinais (15/10)

Korbis - Calasancias
Calasancias - Korbis
Vigo Voleibol - Boiro Voleibol
Boiro Voleibol - Vigo Voleibol

 

Alevín

Pasando a falar dos alevíns, o Korbis non conseguiu remontar a eliminatoria no partido de volta e volveu caer contra o Calasancias. Despois de levarse o primeiro set na Coruña, as locais empataron o partido e leváronse o derradeiro tempo por 15-10. 

O Emevé, que xa estaba clasificado automaticamente para semifinais, será o rival do Calasancias na seguinte fase.
 

CALASANCIAS 2 - 1 KORBIS

Sets: 20-25/25-18/15-10
Cancha: Calasancias.

 

COPA FEDERACIÓN - ALEVÍN MASCULINA

Resultados Cuartos

Calasancias 2-1 Korbis
Emevé D CV Pontevedra

                 Semifinais (15/10)

Emevé - Calasancias
Calasancias - Emevé
Ourense Volei Praia - CV Pontevedra
CV Pontevedra - Ourense Volei Praia